Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de LGL (Lingua Galega e Literatura) de 1º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de LGL de 1º ESO respecta a temporalización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD en algún REA de cada trimestre respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026 pdf

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Entre versos, viaxamos!" UD1 A grúa CA1.1 - CA2.1 – CA2.2 - CA2.3 - CA3.1 - CA3.4 - CA4.1 10 10 sesións do primeiro trimestre
REA 2: "Entre ondas, seguimos mareas" UD2 O ourizo
UD3 O bacallau
CA1.1 - CA2.1CA3.1CA3.2 - CA3.3 - CA4.1 - CA2.2
CA1.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA2.5 - CA2.6
10 + 15 25 sesións do primeiro trimestre
REA 3: "Como mola ese libro, bro!" UD4 O esquío
UD5 A pomba
CA1.1 - CA2.4CA3.4 - CA4.1 - CA2.2 
CA1.1 - CA2.4CA2.8 - CA3.1 - CA4.1 - CA2.2 - CA3.2
10 + 10  20 sesións do segundo trimestre
REA 4: "Conectamos co mundo!" UD6 A rula CA2.2 - CA2.3 - CA2.7 - CA2.10 - CA4.1 - CA4.2 10 13 sesións do segundo trimestre
REA 5: "Queres formar parte do mundo televisivo?" UD7 A pega
UD8 A lagarta
CA1.2 - CA2.2CA2.4 - CA3.2 - CA4.1 - CA4.3 - CA3.6
CA1.2 - CA2.4CA3.2 - CA4.1 - CA4.4 - CA4.5
10 + 10 17 sesións do terceiro trimestre
REA 6: "A vida é puro teatro" UD9 A xoaniña CA2.3 - CA2.9 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.5 15 20 sesións do terceiro trimestre
Lenda: Instrumento de Avaliación: PE: Proba escrita (En negrita), TI: Táboa de indicadores (Sen negrita)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta está baseada nos eixes da materia “Lingua Galega e Literatura” de 1º de ESO:

  • Fomento do espírito crítico e científico.
  • A creatividade.
  • A comprensión lectora.
  • A expresión oral e escrita.

Contribúen a desenvolver os seguintes ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible):

  • ODS 3. Saúde e benestar.
  • ODS 4. Educación de calidade.
  • ODS 10. Redución das desigualdades.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Na programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º ESO, este REA contextualízase nas unidades didácticas 2ª e 3ª, UD 2 “O ourizo” e UD 3 “O bacallau”, impartidas na primeira avaliación.

Contidos Bloque da materia
  • Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística da aula. As familias lingüísticas e as linguas do mundo. Sistemas de escritura. Nocións básicas: fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e desculpa.
  • Os países lusófonos: localización, poboación, costumes... Coñecemento das primeiras nocións de lingua portuguesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográficos galegos. Iniciación ao coñecemento do léxico.
Bloque I: As linguas e os seus falantes
  • Aproximación ás secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas, descritivas, dialogadas e expositivas
  • Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e ceder a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
  • Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
Bloque II: Comunicación
  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura.
  • Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de maneira orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
  • Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
Bloque III: Educación literaria
  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
  • Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e o sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
Bloque IV: Reflexión sobre a lingua
Obxectivos Descrición
OBX 1 Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características dialectais do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX 4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX 6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX 7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL 1, CCL 2, CCL 3, CCL 4, CCL 5
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM 1, STEM 4
Competencia dixital (CD) CD 1, CD 2, CD 3, CD 4
Competencia emprendedora (CE) CE 1, CE 3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 1, CPSAA 4, CPSAA 5
Competencia cidadá (CC) CC 1, CC 2, CC 3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC 1, CCEC 2, CCEC 3,
Competencia plurilingüe (CP) CP 2, CP 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)