Saltar navegación

1. Descrición xeral

Entre ondas, seguimos mareas

O coñecemento dos elementos que interveñen en calquera proceso comunicativo será o punto de partida para presentar unha das secuencias textuais máis básicas, a dialogada, e tamén algúns xéneros discursivos propios do ámbito persoal, particularmente, a presentación persoal e a conversa. Así mesmo, a análise e produción deste tipo de textos facilitará a abordaxe doutro aspecto importante da unidade, as diferenzas máis relevantes entre a lingua oral e a lingua escrita.
Por outra banda, o desenvolvemento deste REA debe contemplar o protagonismo do alumnado e facelo partícipe, en primeira persoa, de contidos que terán continuidade noutros REAs do curso ou en niveis superiores. Neste sentido, é fundamental que o alumnado rexistre a súa experiencia na aprendizaxe de linguas (presentación da súa biografía lingüística) e vaia perfilando a súa identidade lectora e gustos literarios (obradoiro de poesía).

As metas de aprendizaxe son: 

  • Expresarse oralmente coa entoación axeitada.
  • Buscar, analizar e recompilar información.
  • Crear un guión escrito.
  • Diferenciar os tipos de descricións.
  • Describir empregando os diferentes recursos da lingua.
  • Coñecer as familias lingüísticas e as diferentes grafías.
  • Empregar os recursos da lírica e recoñecelos en textos alleos.
  • Escribir os seus propios textos líricos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)