| Estrutura e organización | A recensión presenta unha boa organización e estrutura, cos catro apartados solicitados: ficha do libro, argumento, análise narrativa e opinión persoal. (2) | A recensión presenta unha boa organización e estrutura, aínda que con certos aspectos mellorables. Inclúe os catro apartados solicitados, pero presenta algunha incoherencia nos contidos de cada parte. (1,5) | A recensión presenta unha organización regular. Falta algún dos apartados solicitados e mestúranse os contidos das diferentes partes. (1) | A recensión non presenta os apartados solicitados. Non está ben organizada nin ten unha estrutura clara. (0,5) |
|---|
| Comprensión do libro | Comprendeu a obra e demóstrao moi ben, de forma clara e precisa. (2) | Comprendeu a obra, pero ten algunha imprecisión á hora de explicala. (1,5) | Comprendeu algúns aspectos da obra, pero outros non os entendeu. (1) | Non comprendeu a obra. (0,5) |
|---|
| Análise narrativa | Realiza unha análise exhaustiva e con exemplos dos diferentes elementos narrativos da novela: narrador, personaxes, espazo e tempo. (2) | Realiza unha análise adecuada dos diferentes elementos narrativos: narrador, personaxes, espazo e tempo. (1,5) | Analiza correctamente a metade dos elementos narrativos. (1) | Realiza unha análise demasiado superficial dos diferentes elementos narrativos. (0,5) |
|---|
| Opinión persoal | Dá unha opinión clara e moi ben argumentada sobre a obra. (2) | Dá unha opinión clara e argumentada sobre a obra, mais algún argumento podería mellorarse. (1,5) | A opinión persoal non está ben argumentada. (1) | Non achega a súa opinión persoal da obra. (0,5) |
|---|
| Redacción | O texto presenta cohesión e corrección, apenas ten erros gramaticais nin ortográficos. (2) | O texto presenta cohesión e corrección, aínda que contén algún erro gramatical ou ortográfico (menos de 5) (1,5) | A cohesión do texto podería mellorarse e presenta ata 10 erros gramaticais ou ortográficos. (1) | A cohesión do texto podería mellorarse e presenta máis de 10 erros gramaticais ou ortográficos. (0,5) |
|---|