Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no PROENS para a materia de Lingua galega e literatura de 1º da ESO, contextualízase nas unidades 4 (O esquío) e 5 (A pomba).
No recurso trabállanse contidos dos diferentes bloques de contidos da programación: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua".
| Contidos |
Bloque da materia |
- Recoñecemento das linguas da Península Ibérica, especialmente do portugués, do éuscaro e do catalán.
|
Bloque I |
- Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Aproximación ás secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas, descritivas, dilalogadas e expositivas.
- Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
- Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
- Uso coherente das formas verbais no textos. Correlación temporal no discurso relatado.
|
Bloque II |
- Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura.
- Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
- Expresión da experiencia lectora, con apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
- Estratexias para a recomendación de lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
|
Bloque III |
- Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
- Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
- Estratrexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramática básica.
|
Bloque IV |
No seguinte cadro preséntanse os obxectivos de materia tratados nas dúas unidades do REA:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 1 |
Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega. |
| OBX3 |
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecementos e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. |
| OBX4 |
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construir coñecemento. |
| OBX5 |
Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. |
| OBX8 |
Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria. |
| OBX 9 |
Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica. |
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
1-5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
2,3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
1, 2,4 |
|
Competencia dixital (CD)
|
1-3 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
4-5 |
| Competencia cidadá (CC) |
1-3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
1 |
| Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) |
1-4 |