Como mola este libro, bro!
Este REA (recurso educativo aberto) é un recurso elaborado para a materia de Lingua galega e literatura de 1º de ESO e abrangue os contidos das unidades 4 e 5 da programación modelo de PROENS.
A situación de aprendizaxe que se propón consiste en que o alumnado elabore unha revista de literatura e cultura galega para a xente moza. Para conseguir isto, o alumnado ten que ler un libro de narrativa xuvenil e, a partir de aí, escribir unha recensión, crear novos textos narrativos, gravar un booktrailer, editar a revista na que se recollan os devanditos traballos e, finalmente, redactar cartas para os centros educativos doutras comunidades nas que se fala catalán e éuscaro entre os que se quere difundir a revista.
As metas de aprendizaxe son:
- Expresar os propios gustos e intereses literarios.
- Coñecer os gustos e intereses literarios dos compañeiros e das compañeiras.
- Facer recomendacións literarias.
- Poñer en valor a literatura infantil e xuvenil.
- Coñecer os pasos para editar unha revista.
- Aprender a redactar unha carta segundo un modelo.
- Achegarse a diversidade lingüística da Península Ibérica.
- Coñecer as características básicas do catalán e do éuscaro.