Saltar navegación

3. Guía de uso

Como mola ese libro, bro!

O REA Como mola este libro, bro! mantén a estrutura en fases dos REA do Proxecto cREAgal:

Fase 1. Atrévete a abrilo:

Nesta primeira fase de descrición do reto explícase cal vai ser o produto final da situación de aprendizaxe: crear unha revista literaria e cultural para xente moza, dáse a coñecer a historia do libro, que vai ser a ferramenta de traballo principal do REA, e dáselle a escoller ao alumnado o libro de lectura que vai ler dunha escolma de lecturas previa.

Fase 2. Pasa as páxinas:

Na fase de exploración trabállase cos coñecementos previos. Faise un repaso das características dos contos populares e revísase a diversidade lingüística da Península Ibérica, con especial atención ao catalán e ao éuscaro.

Fase 3. Cada historia leva a outra:

Na terceira fase, a de conexión de coñecementos, trabállanse texto de distinta tipoloxía. En primeiro lugar, practícase a redacción dunha recensión literaria; a continuación, faise unha aproximación aos textos narrativos e, finalmente, revísase a estrutura da carta, que será necesaria na próxima fase do reto.

Fase 4. Transforma o que liches:

Esta é a fase de reto final. Nela complétanse os elementos que dan sentido ao reto, que son o booktrailer do libro de lectura escollido na primeira fase e mais a revista literaria que dá sentido global a todo o REA. Por último, redáctanse as cartas de presentación da revista para distribuíla entre centros educativos de fóra de Galicia.

Fase 5. E que me dis do libro?:

Na última fase, a de conclusión, exponse o produto final do reto mediante unha exposición oral e propóñense avaliacións e coavaliacións para poder valorar o traballo feito e os resultados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)