Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación en base á proposta da programación de referencia de Proens. Hai que ter en conta que no cadro recóllese a media ponderada dos elementos curriculares que engloban as unidades 4 e 5. Baseámonos na programación de Proens pero cunha orientación máis aberta e acorde coa filosofía de aprendizaxe deste REA.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % proposta para este REA |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. |
O alumnado coñece algúns aspectos básicos do éuscaro: extensión xeográfica, grafías e algunhas expresións cotiás deste idioma (fórmulas de saúdo e de despedida e de agradecemento e desculpa etc.). O alumnado coñece algúns aspectos básicos do catalán: localización xeográfica e algunhas expresións cotiás deste idioma (fórmulas de saúdo, despedida, agradecemento e desculpa etc.). |
Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidades didácticas 4 e 5 | 10 |
| CA2.4 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. |
O alumnado sabe empregar correctamente e detectar erros relativos ao emprego dos signos de puntuación básicos (punto, coma, dous puntos). O alumnado usa coherentemente as formas verbais e recoñece erros relativos á correlación temporal dos verbos. | Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidades didácticas 4 e 5 | 10 |
| CA2.8 - Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
O alumnado, logo de revisar a carta coa axuda do profesorado, detecta problemas léxicos e gramatícais, e é capaz de solucionalos e explicalos cunha metalinguaxe específica. | Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidade didáctica 5 | 10 |
| CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. |
O alumnado sabe establecer vínculos entre a obra de lecturaobrigatoria easpectos da actualidade, así como con outras manifestacións artísticas e culturais. O alumnado comprende e interpreta o sentido global (información relevante, a intención do emisor...) do libro de lectura obrigatoria da narrativa xuvenil actual. | Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidades didácticas 4 e 5 | 10 |
| CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. |
O alumnado identifica algunhas das principais características do xénero narrativo na obra de lectura obrigatoria de narrativa xuvenil actual. | Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidade didáctica 4 | 10 |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. |
O alumnado sabe recoñecer e aplicar algúns procedementos de organización do discurso (orde de palabras, compoñentes das oracións, conexións entre significados...). O alumnado utiliza axeitadamente dicionarios, manuais de gramática e correctores ortográficos para emendar erros lingüísticos básicos. |
Proba escrita (PE) e/ou Táboa de indicadores (TI) | Unidades didácticas 4 e 5 | 10 |
| CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. |
O alumnado realiza unha narración breve sobre un suceso recente na que identifica as principais características das secuencias textuais narrativas (estrutura, elementos...). O alumnado escríbelle unha carta formal ao autor ou autora da obra de lectura obrigatoria. No texto emprega o rexistro adecuado, mantén a coherencia e respecta as convencións do xénero. |
Táboa de indicadores (TI) |
Unidades didácticas 4 e 5 | 20 |
| CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
O alumnado valora o contido e algúns aspectos formais (temática, recursos...) do libro de narrativa xuvenil actual e expresa a súa opinión a través da gravación dun booktráiler. | Táboa de indicadores (TI) | Unidade didáctica 5 | 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||