Nesta táboa imos relacionar as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo que se vai desenvolver nas diferentes seccións de cada fase. De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolver en 20 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe este recurso no segundo trimestre.
A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste REA sería a seguinte:
| Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|
1. Atrévete a abrilo!
(Descrición)
|
1.1. Neste REA...
1.2. Escolle un...
1.3. Diario de aprendizaxe
|
- Sesión de introdución e motivación sobre o noso reto: explicarase que se vai facer, que se vai conseguir e cal é a meta.
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Breve introdución sobre o pasado do libro
- Tarefa de investigación sobre o pasado do libro
- Un tesouro por descubrir: explicación sobre o libro, na que se detalla a gran variedade e oferta de libros que hai e a dificultade para seleccionar o axeitado.
- Daráselle unha listaxe de libros cos seus argumentos para seleccionar un.
- Diario de aprendizaxe
|
2 sesións |
|
2. Pasa as páxinas...
(Exploración. Coñecementos previos)
|
2.1. Andar en contos
2.2. Xogando cos contos
2.3. Cóntame contos
2.4. Diario de aprendizaxe
|
- Explicación dos coñecementos previos que se van traballar: a diversidade lingüística na península ibérica, os textos narrativos, os signos de puntuación e os tempos verbais.
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- A diversidade lingüística na Península ibérica a través do conto: poderán ver as as catro versións distintas do mesmo conto: en galego, en portugués, en catalán e en éuscaro.
- Tarefa individual: Xogamos ao multilingüismo!
- Actividade interactiva: Que sabes destas linguas?
- O texto narrativo
- Explicación dos tempos verbais
- Text SCORM dos tempos verbais
- Actividade interactiva: Personaxes revoltos Actividade interactiva:Tipos de personaxes
- Actividade interactiva: Quen conta a historia?
- Actividade interactiva: Adiviña
- Tarefas individual sobre tempos verbais: Viaxe ao futuro
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Actividades multinivel individuais sobre a puntuación dunha carta
- Diario de aprendizaxe
|
5 sesións |
|
3. Cada historia leva a outra
(Conexión)
|
3.1. Análise e opinión do libro
3.2. Recensión do libro
3.3. Novos textos narrativos
3.4. Corrección dos textos
3.5. A carta
3.6. Diario de aprendizaxe
|
- Explicación da autoría, editorial e ilustracións; os personaxes; o espazo; o tempo e o narrador.
- Tarefas por equipo de análise da obra narrativa escollida na fase anterior: autoría, editorial e ilustracións; os personaxes; o espazo; o tempo e o narrador; opinión sobre o libro.
- Explicación da recensión do libro
- Actividade en grupo sobre a recensión literaria
- Novos textos narrativos
- Tarefa individual : redactar un novo texto narrativo a partir da historia lida.
- Pódese escoller entre unha noticia, unha precuela, unha secuela, un cruce o un diario.
- Explicación dos signos de puntuación básicos: a coma, o punto e os dous puntos
- Tarefa interactiva de puntuar unha receita de cociña
- Lectura/comentario/explicación do glosario da receita de cociña
- Explicación dos tempos verbais
- Text SCORM dos tempos verbais
- Explicación das propiedades textuais
- Tarefa individual de redactar no caderno unha carta a un personaxe de ficción
- Introdución á carta: Escribiches algunha carta?
- Explicación das partes da carta
- Actividade individual de pregunta de selección múltiple sobre as partes da carta
- Tarefa por parellas de redactar unha carta a unhas amizades
- Diario de aprendizaxe
|
6 sesións |
|
4. Transforma o que liches
(Reto final)
|
4.1. O booktrailer
4.2. A edición da revista
4.3. A revista viaxeira
4.4. Diario de aprendizaxe
|
- Explicación do que é un booktrailer
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Tarefa en grupo de creación dun booktrailer
- Introdución á revista
- Lectura/comentario/explicación do glosario da revista
- Explicación das partes dunha revista
- Pasos para elaborar unha revista
- Tarefa de elaboración dunha revista por grupos
- Explicación de como imos distribuír a revista aos centros de ensino
- Profundización nas linguas cooficiais: catalán e éuscaro.
- Actividades interactivas das linguas cooficiais
- Explicación de como se vai divulgar a revista.
- Tarefa de escribir unha carta en grupos de tres ou catro membros que acompañe á revista.
- Diario de aprendizaxe
|
4 sesións |
|
5. E que me dis do libro?
(Conclusión)
|
5. E que me dis do libro?
5.1. Diario de aprendizaxe
|
- Explicación do que é unha presentación literaria.
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Tarefa de presentación do libro que leron e analizaron en equipos e mostra dos booktrailers.
- Rúbrica da avaliación dos booktrailers da clase
- Rúbrica de como funcionou o voso equipo
- Rúbrica de que aprendiches
- Diario de aprendizaxe
|
3 sesións |