Saltar navegación

3. Guía de uso

A vida é puro teatro

O REA "A vida é puro teatro" segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:

Fase 1. Comezamos a finxir: Descrición do reto, que consiste na preparación e representación ante público da peza teatral de Castelao Os vellos non deben de namorarse. Tamén se repasa o xénero teatral e a correcta pronuncia.

Fase 2. Agora dramatizamos: Exploración. Traballo cos coñecementos previos. Créanse grupos. Descúbrese a Castelao. Trabállase a linguaxe non verbal.

Fase 3. Metémonos no papel: Conexión. Trabállase o guión. Descóbrense todos os elementos do texto teatral. Trabállanse os tópicos literarios e identifícanse na propia obra.

Fase 4. No teatro temos de todo: Vinculación das diferentes artes, tanto en xeral, como en Castelao e en Os vellos non deben de namorarse en particular. Obra gráfica de Castelao. Música, desde "Lela" á actualidade. Faise o cartel da obra.

Fase 5. Baixamos o pano: Conclusión. Exposición e coavaliación do produto final. Ensáiase, prepárase escenografía e vestiario. Compróbase que está todo preparado e acádase o reto.

O proxecto non só desenvolverá competencias lingüísticas, comunicativas e literarias, senón que tamén fortalecerá habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo. A través desta experiencia, búscase preparar o alumnado para enfrontar desafíos reais, promovendo unha formación integral e práctica.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando distintas versións da información, de xeito que diversificamos o acceso a ela ofrecendo variedade formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)