Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación. Segundo a programación proposta en Proens esta unidade tería que ser avaliada no 100% a través de táboa de indicadores. Aínda así, consideramos que pode haber algún contido puntual que se podería incluír nunha posible proba escrita.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % proposta para este REA
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. O alumnado participa activamente na planificación da peza teatral (ensaios, decorados, vestiario) e na procura de información sobre a obra, sobre Castelao e sobre a súa época, con boa actitude e cortesía lingüística. Táboa de indicadores (TI) 9 15%
CA2.9 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. O alumnado explica o grao de formalidade da situación da peza teatral, distingue o propósito comunicativo do seu personaxe e interpreta as súas intencións. Táboa de indicadores (TI) 9 15%
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. O alumnado, logo de procurar e contrastar información na rede, elabora un xogo sobre Castelao e a súa obra. Táboa de indicadores (TI) 9 15%
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. O alumnado é quen de realizar unha lectura expresiva e posterior dramatización da obra atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados no seu desenvolvemento. Táboa de indicadores (TI) 9 25%
CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. O alumnado elabora un traballo sobre as características máis salientables do xénero dramático e identifica na peza teatral algúns dos seus principais elementos. Táboa de indicadores (TI) 9 15%
CA3.5 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura. O alumnado coñece algúns dos temas e tópicos máis frecuentes na literatura (o amor, a vida, a morte etc.) e sabe identificalos en Os vellos non deben de namorarse. Táboa de indicadores (TI) 9 15%
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación cos criterios de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

En xeral, en todo o proceso de traballo en grupo, nos diálogos para chegar a acordos, nos ensaios... E en concreto, nas seguintes actividades e/ou exercicios:

Fase 1. Apartado 1.2. Toca mover a lingua:

  • Dámoslle á lingua?
  • Orellas atentas!

Fase 2. Apartado 2.1. E se coñecemos un dramaturgo?

  • Castelao, la crème de la crème
  • Atréveste a xogar con Castelao?

Apartado 2.2. Rimos ou choramos:

  • Mudamos de pel

Fase 4. Apartado 4.2. A música é teatro:

  • Nós tamén compoñemos!
  • Rúbrica.
  • Observación.
  • Retroalimentación directa en actividades interactivas.
CA2.9 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.

Fase 2. Apartado 2.2. Rimos ou choramos?:

  • Mans á obra!
  • Mudamos de pel

Fase 3. Metémonos no papel:

  • Seguimos co reto, meténdonos no papel

Apartado 3.2. Algunha vez morriches de amor?

  • Hai tópicos en Os vellos non deben de namorarse?
  • Rúbrica.
  • Observación.
  • Retroalimentación directa en actividades interactivas.
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

Fase 2. Apartado 2.1. E se coñecemos un dramaturgo?:

  • Atréveste a xogar con Castelao?
  • Rúbrica
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. Transversal a todo o REA, con especial atención na Fase 5 e á posta en escena da obra (mais tamén nas lecturas parciais, nos ensaios etc.).
  • Rúbrica
CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.

Fase 1. Apartado 1.1. Segues a ser teatreiro/a?:

  • A voltas co xénero teatral
  • Afirmacións con sentidiño

Apartado 1.3. Diario de aprendizaxe

Fase 4. Apartado 4.1. Entrando polos ollos:

  • Sorrisos e bágoas
  • Os nosos memes
  • Que cartel!

Apartado 4.2. A música é teatro:

  • Nós tamén compoñemos!
  • De "Lela" a hoxe. O teu top de música en galego
  • Rúbrica
  • Observación
CA3.5 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.

Fase 3. Apartado 3.2. Algunha vez morriches de amor?:

  • Vai de tópicos!
  • Serás quen de...?
  • Hai tópicos en Os vellos non deben de namorarse?

  • Rúbrica
  • Observación
  • Retroalimentación directa en actividades interactivas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)