Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de Lingua galega e literatura de 1º da ESO, contextualízase na unidade 9 (A xoaniña).
No recurso trabállanse contidos dos bloques de contidos da programación 2 e 3: "Comunicación" e "Educación literaria" (non se traballan, polo tanto, contidos correspondentes aos bloques "A lingua e os seus falantes" nin "Reflexión sobre a lingua").
| Contidos |
Bloque da materia |
- Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal..
|
Bloque 2 |
- Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura.
- Expresión da experiencia lectora, con apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
- Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
- Relación e comparación dos textos lidos con outros textos, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
- Lectura expresiva, dramatización e recitación de textos sinxelos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
|
Bloque 3 |
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
OBX3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. |
OBX4
|
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento. |
OBX8
|
Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria. |
| OBX9 |
Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica. |
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP2 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC1, CC2, CC3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM4 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA4, CPSAA5 |