Temporalización do REA
De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolver en 20 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe no terceiro trimestre, nos meses de maio e xuño.
A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste recurso é a seguinte:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo para desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Comezamos a finxir | 1.1. Segues a ser teatreiro/a? 1.2. Toca mover a lingua 1.3. Diario de aprendizaxe |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: explicar en que consiste (a representación de Os vellos non deben de namorarse) e os pasos que imos ter que ir dando. Pódese amosar xa a listaxe de cotexo (.pdf ou .odt), para ver graficamente os principais traballos que temos que ir facendo. Explicación do glosario. Repaso do xénero teatral coa presentación que inclúe o REA. Actividade interactiva de "Afirmacións con sentidiño". Explicación de como ler e pronunciar correctamente, a través do apartado do 1.2. "Dámoslle á lingua". Actividade "Orellas atentas" do apartado 1.2. Diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
| 2. Agora dramatizamos | 2.1. E se coñecemos un dramaturgo? 2.2. Rimos ou choramos 2.3. Diario de aprendizaxe |
Comezo da lectura de Os vellos non deben de namorarse, para a súa comprensión e para comezar a practicar a dramatización. Explicación do glosario. Coñecemento de Castelao. Procura de información na rede seguindo a ficha (aquí en .pdf, aquí en .odt) que inclúe o REA. Realización da actividade multinivel "Atréveste a xogar con Castelao", para realizar un xogo sobre o autor. Actividade interactiva "E se lle damos un repaso a Castelao?" Explicación da importancia e de todo o que hai que ter en conta na linguaxe non verbal (Mans á obra!). Realización da actividade "Mudamos de pel" para a práctica da linguaxe non verbal. Diario de aprendizaxe. |
4 sesións |
| 3. Metémonos no papel | 3.1. Algunha vez destripaches un texto? 3.2. Algunha vez morriches de amor? 3.3. Diario de aprendizaxe |
Repartición de personaxes. Adaptación do texto de cada alumno/a. Explicación do glosario. Explicación dos elementos do texto teatral ("Encaixamos as pezas"). Identificación dos elementos do texto teatral en Os vellos non deben de namorarse ("Colle a lupa"). Coñecemento dos tópicos literarios coa presentación que inclúe o REA ("Vai de tópicos!"). Representación dun tópico literario a través dun debuxo ("Serás quen de...?"). Identificación de tópicos literarios ("Hai tópicos en Os vellos non deben de namorarse?"). Ensaios de dramatización. Diario de aprendizaxe. |
3 sesións |
| 4. No teatro temos de todo | 4.1. Entrando polos ollos 4.2. A música é teatro 4.3. Diario de aprendizaxe |
Visionado dalgúns fragmentos de representacións de Os vellos non deben de namorarse (vídeos no REA). Ir pensando en ideas para a escenografía e o vestiario. Explicación do glosario. Introdución á obra gráfica de Castelao. Actividade de identificación da presenza ou ausencia de humor en diferentes debuxos ("Sorrisos e bágoas"). Realización dun meme (actividade multinivel "Os nosos memes"). Realización do cartel para o espectáculo (preferentemente na clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual). Coñecemento das cancións que hai na peza teatral ("Lela, Lela") e visionado das diversas versións incluídas de "Lela" no REA. Cantar "Lela". Adaptación / actualización de "Lela" a linguaxe e ritmo máis moderno ("Nós tamén compoñemos!"). Descubrimento de música en galego actual (De "Lela" a hoxe. O teu top de música en galego). Ensaios de dramatización. Diario de aprendizaxe. |
4 sesións |
| 5. Baixamos o pano | 5.1. Mans á obra 5.2. Derradeiros pasos 5.3. A hora da verdade xa chegou 5.4. Diario de aprendizaxe 5.5. Informe de progreso |
Repaso da listaxe de cotexo de consecución do reto, para mirar que non quede nada atrás ("Acadaremos o reto?"). Breve repaso do contido visto ata agora ("Chanzo a chanzo"). Explicación do glosario. Ensaios de dramatización. Ensaios de lugar no escenario, entradas e saídas etc. Peche da escenografía. Elección de vestiario. Ensaio xeral (sobre o escenario, xa de maneira completa e con vestiario e escenografía). Representación. Coavaliación. Diario de aprendizaxe. |
7 sesións |