Orientacións e recomendacións de uso
A clase de E.F. é sobre todo, unha clase práctica, con actividade física, por iso o desenvolvemento deste REA trata de ser o máis práctico posible, aínda que hai algunha parte que se desenvolverá na aula ordinaria.
A información sobre os contidos teóricos e as actividades interactivas están dispoñible de xeito permanente para o alumnado co fin de que poida acceder e revisar os conceptos básicos das actividades que vai practicar nas sesións de EF. Grazas ao recurso dixital en Educación Física favorecese a autoregulación e a aprendizaxe personalizada (xa que o alumnado pode ver as veces que precise a información).
Para levar a cabo esta situación de aprendizaxe, hai que ter en conta unha serie de orientacións e recomendacións de uso, que poden axudar moito ao profesorado para poñela en práctica.
Enfoque multinivel
Esta situación de aprendizaxe vai permitir ao alumnado participar segundo as súas capacidades.
Dentro dos equipos van vivenciar diferentes roles. Cada un deles ten diferente grado de dificultade, polo que, todos e todas, poderán axudar ao equipo segundo as súas posibilidades.
Tamén para a consecución do reto dispoñen de diferentes formatos para facelo e presentalo (son, texto e vídeo). Isto permite que, segundo as súas habilidades de comunicación, poidan sentirse máis cómodos cun formato ou con outro.
Recursos materiais necesarios
Para facer as actividades dixitais do REA, necesitaranse ordenadores, segundo a dispoñibilidade que haxa no centro.
Ademais, para o deseño da noticia do reto final pódese necesitar diferentes materiais: radio, tablets, cámaras, ordenadores, pizarra dixital, chroma....
O resto do traballo farase no pavillón e necesitaranse os materiais habituais da materia:
Materiais propios da E.F.: conos, petos, porterías, metro, xiz, silbatos, tarxetas regulamentarias...
Materiais de atletismo: bola de peso, xavelina de gomaespuma ou similar, colchóns, testigos ou picas pequenas.
Materiais de balonmán: balóns que se poidan agarrar cunha soa man e que boten.
Materiais de floorball: sticks, bolas e porterías pequenas.
Taboleiro de anuncios ou similar: para colocar as actas, calendarios, clasificacións...
CARPETA DE EQUIPO:
Cada equipo debe ter unha carpeta plástica (A4), onde van ter toda a documentación do seu grupo:
- Ficha de Equipo.
- 3 Follas de adestramento de Balonmán.
- 3 Follas de adestramento de Floorball.
- 1 Acta de partido de Balonmán.
- 1 Acta de partido de Floorball.
CARPETA DE CAPITÁNS: (recoméndase plastificar todo para poder utilizalo máis anos)
Os capitáns disporán doutra carpeta, onde atoparán outra información relevante para a súa organización:
- Batería de fichas de xogos de Floorball.
- Batería de fichas de xogos de Balonmán.
- Explicación de roles.
- Regras de Balonmán.
- Regras de Floorball.
- Táctica de ataque e defensa.
- Rituais
- O sistema de puntuación.
- Categorías premiadas.
Reparto de Sesións
Atletismo e CFB:
Durante estas sesións traballarase co grupo clase en conxunto, polo que o profesorado decidirá os agrupamentos necesarios e o uso dos espazos máis axeitados para facelas.
Tratase de facer unha aproximación ao Atletismo para traballar as Capacidades Físicas Básicas.
Ao ser 3 sesións pódense dividir en:
- 1 sesión de Saltos: Lonxitude e Triplo.
- 1 sesión de Carreiras: Velocidade e Relevos.
- 1 sesión de Lanzamentos: Peso e Xavelina.
Liga Cooperativa:
A previsión é de 15 sesións repartidas do seguinte xeito:
- 1 sesión de explicación da organización da liga e nomeamento dos capitáns/as.
- 1 sesión de creación dos equipos.
- 6 sesións de balonmán (alternando adestramentos e partidos).
- 6 sesións de floorball (alternando adestramentos e partidos).
- 1 sesión para a Gala Final da entrega de premios e trofeos.
Formación dos equipos da Liga
A figura da crave desta organización é o capitán ou capitá, por iso hai que elixir moi ben quen vai ser. Recoméndase que sexa unha persoa tranquila, que escoite, que resolva os conflitos falando, que teña boa relación co resto da clase e con boa capacidade organizativa.
Haberá 3 equipos, dirixidos por unha persoa que vai facer de capitán/á.
O número de xogadores/as dos equipos depende do nº de alumnado da clase.
Os capitáns son os encargados de facer os equipos de xeito equilibrado e obrigatoriamente mixtos.
O profesorado, unha vez que os capitáns cheguen a acordo, os supervisará. Se se considera que non cumpren cos requisitos, faráselle ver aos capitáns para que fagan os cambios necesarios.
Cando os 3 capitáns e o mestre estean dacordo, será o momento de comunicarlle á clase o equipo no que van xogar todo o campionato.
Días de adestramento
Dividirase o pavillón ou pista polideportiva en 3 partes.
Cada equipo vai ter a súa zona de adestramento, polo que cando chegan ao pavillón van directamente alí. Esperarán a que chegue a súa capitá, ca súa carpeta, para comezar a organizar o equipo.
Repartirá os roles do día (anotadora, periodista e encargada do material).
Despois enchen a folla de adestramento xuntos para saber o que van practicar.
O encargado do material, oído o seu capitán, collerá os materiais necesarios e comezan a adestrar.
Cando queden uns 8´-10´, o mestre avisará para que rematen a parte de reflexión da folla de adestramento e que os encargados do material de cada equipo recollan.
Días de partido
Os capitáns dos equipos que xogan, faranse cargo do quecemento e de darlle as instrucións necesarias ao seu equipo. Lembraralles tamén o xogo en equipo e o xogo limpo (só o capitán pode falar cos árbitros)
A capitá do equipo que arbitra organizará ao seu grupo:
-
-
- O encargado/a do material coloca o campo de xogo e os materiais que se necesiten para xogar.
- O anotador/a enche a Acta do partido e cronometra.
- A periodista tomará nota do que acontece dende o inicio da clase.
- Os árbitros/as repasarán as regras ca mestra (se é necesario), que daralles un silbato e as tarxetas reglamentarias para facer a súa labor. (Antes de comezar, teñen que comprobar a acta para que non teña erros)
- O resto do equipo mostrarase respectuoso cos outros equipos e farán de público.
-
Ao final do partido, o capitán/á máis os árbitros/as, xunto co anotador/a, rematarán a acta, cubrindo o apartado de puntos. (Lembrade que este capitá pode dar 2 puntos extra por xogo limpo e xogo en equipo).
O resultado comunicarase aos outros capitáns/ás e a acta colocase no taboleiro para que sexa público.
Ritual do inicio dun partido:
-
-
- O saúdo inicial o dirixen as árbitras.
- Colócanse ambos equipos en ringleira un enfronte doutro, e os árbitros no medio.
- Os capitáns, ao aviso dos árbitros, saúdanse e intercambian as bandeirolas. Saúdan as árbitras e botan a sortes quen saca.
- A continuación, o equipo visitante, pasa a saudar aos árbitros e aos rivais.
- E despois o equipo local, pasa a saudar.
- Fan os seus berros de ánimo e xa pode comezar o partido.
- Ao rematar o encontro, os xogadores/as daranse a man cos rivais e cos árbitros.
-
Calendario, resultados e clasificación final
O profesorado é o encargado de facer estes tres documentos, como se fora o Comité de Competición.
Exporase no taboleiro de E.F., no pavillón ou onde se estime oportuno, pero ten que estar á vista.
Se pode tamén poñer toda a información dispoñible na páxina web do centro ou no blogue de E.F. ou incluso publicitalo na radio escolar de ser o caso de tela.
As capitás engadirán o resultado de cada xornada no cadro de resultados.
A mestra recollerá as noticias presentadas por cada equipo e sumará o total de puntos extra obtidos. É recomendable poñelas tamén no taboleiro para crear ambiente e expectación, xunto co resto dos documentos oficiais da liga.
Para a clasificación final, o mestre vai ter que facer reconto de todos os puntos gañados:
-
-
- Puntos de partido (entre 1 e 9 por partido).
- Noticias entregadas (1 punto por noticia).
- Trofeo feito polo alumnado (10 puntos extra).
-
Unha vez se saiba o total de puntos conseguidos por cada equipo, saberase a orde final de clasificación e poñerase tamén no taboleiro de E.F.
Presentación do reto
Ao longo das sesións van practicar a escritura xornalística, gañando puntos extra para o equipo. Esta práctica, suponse que serviralles para o reto final, vendo cales son as fortalezas e debilidades que teñen e poder elixir o formato no que o farán. Ademais axudaralles a ir repartindo os roles de traballo para facelo.
Partindo do anterior, utilizaranse 2 sesións para o reto:
-
-
- 1 sesión para a creación da noticia.
- 1 sesión para a presentación ao resto da clase.
-
Cada equipo elixe en que formato vai presentar o seu reto polo que deben contar cos medios para facelo (ordenador, pizarra dixital, radio escolar...)
Unha vez presentadas todas as noticias, farase unha valoración conxunta, na que o profesorado será o encargado de presentar as preguntas e dirixir a sesión.
Gala Final: trofeos e diplomas
Unha das partes que máis gusta ao alumnado é a de a entrega de premios. Por iso, debe facerse como broche final ao finalizar a situación de aprendizaxe.
É importante xerar expectación colocando os trofeos visibles nalgún espazo accesible no centro (entradas, corredores...). Isto vai manter a motivación do alumnado durante o campionato e tamén do resto do alumnado do centro.
Ca gala preténdese recompensar o traballo feito dentro do propio equipo e tamén na liga. Por iso as papeletas de votación teñen dous apartados:
- Categorías ás que poden votar a compañeiros e compañeiras do seu equipo.
- Categorías ás que poden votar aos compañeiros e compañeiras dos outros equipos.
Previo á gala, hai que facer a votación. Pode facerse na sesión da avaliación final, ao rematar os instrumentos de avaliación persoal e co.avaliación.
A mestra encargarase de facer o reconto de votos para manter a expectación ata o día da gala. Ademais encargarase de preparar os diplomas nominativos.
As persoas máis votadas en cada categoría recibirán un diploma de agasallo. En caso de empate, se lles dará un diploma a todas as persoas votadas nesa categoría.
Os trofeos entregados polos equipos son os que se entregan na gala. Teñen ata o último partido da liga para levalo.
Valoracións finais
Para facer as valoracións adicarase 1 sesión na que haberá 3 apartados:
-
-
- Presentación do reto ao resto da clase e valoración grupal.
- Traballo persoal e valoración da Cooperation League (Ficha autoavaliación e Diana de valoración).
- Traballo do seu equipo (Rúbrica de coavaliación).
-
Neste apartado o que se quere conseguir e que o alumnado valore a experiencia vivida, o seu traballo e o de os demais dun xeito práctico e rápido, para rematar cunha reflexión conxunta sobre a dificultade de pertencer a un equipo, se se pode competir para gozar e non pelexar e se poden ser capaces de organizar eles o seu propio campionato no seu tempo de lecer.