Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

A nosa área ten como principal obxectivo dispoñer do maior tempo motor posible, polo que nesta proposta tentase que a maioría das sesións sexan de práctica motriz e reducir ao mínimo as sesións na aula ordinaria. 

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 24 sesións, case todas pensadas para a práctica motriz. Algunhas delas están propostas para facer na aula ordinaria. A proposta de temporalización é a seguinte:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
  • FASE 1:

Cooperamos para competir?

1.1. Conflito ou oportunidade?

1.2. Unha nova noticia

1.3. O que queremos conseguir

1.4. A nosa folla de ruta

1.5. Diario de aprendizaxe

  • Presentación da situación de aprendizaxe: A nosa ¨Cooperation League¨
  • Comprender o reto, os obxectivos e as metas a alcanzar co mesmo.
  • Entender os pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe.
  • Explicación do diario de aprendizaxe e chamada para cubrir a fase 1 do mesmo.

Presentación SA

Sesión 1      

Aula ordinaria

  • FASE 2:     

A túa in-FORMACIÓN

2.1. Prendemos a chama

2.2. A ollada crítica

2.3. EnRÓLate

2.4. As túas fontes

2.5. Diario de aprendizaxe

  • Reflexión grupal sobre os coñecementos previos do movemento olímpico e o olimpismo.
  • Reflexión sobre o xogo limpo e as condutas deportivas e antideportivas
  • Ficha de observación de condutas deportivas e antideportivas nos xogos, recreos, Educación Física...
  • Actividades multinivel de coñecementos previos relacionados cos roles nos equipos.
  • Coñecementos previos mediante actividades interactivas sobre os medios de comunicación.
  • Chamada para cubrir a fase 2 do diario de aprendizaxe.

Coñecementos previos

Sesión 1     

Aula ordinaria

  • FASE 3:   

¨Fair play¨ or ¨not play¨




3.1. Posta a punto

- As capacidades físicas básicas

- Descubrindo o atletismo

3.2. A nosa ¨Cooperation League¨

- Xogamos a balonmán

- Xogamos a floorball

- Como nos organizamos

- Como conseguimos os puntos

3.3. Diario de aprendizaxe

  • Concepto de pretempada e capacidades físicas básicas. Actividades interactivas sobre as CFB.
    Coñecer conceptos básicos do atletismo.
  • Actividade interactiva e vídeos informativos de distintas modalidades que levarán á práctica.
  • Introdución ao floorball con vídeos explicativos e xogos tipo de exemplo.
  • Introdución teórica ao balonmán con vídeos explicativos e xogos tipo de exemplo.
  • Organización dos equipos e cubrir ficha de equipo. Coñecemento dos roles que van participar na Cooperation League.
  • Información sobre o sistema de puntuación da Cooperation League.
  • Sesións motrices alternando os días de adestramento e de partido.
  • Chamada para cubrir a fase 3 do seu diario de aprendizaxe.

Explicación SA

Sesión 2     

Aula ordinaria

Atletismo 

Sesións 3-4-5-6

Pavillón

Creación equipos

Sesión 7

Pavillón

Cooperation League

Sesións 8-9-10-11-12-13-14-15-16-17-18-19 

Pavillón

  • FASE 4:     

A vosa noticia

4.1. Elixindo FORMAto

4.2. Comproba a entrega

4.3. Diario de aprendizaxe

  • Recordar a noticia orixinal que deu inicio a este reto
  • Elaborar a nova noticia partindo da experiencia que tiveron na ¨Cooperation League¨.
  • Elixir o tipo de formato que van empregar para elaborar a noticia e repartición de roles e funcións entres os integrantes do equipo.
  • Lista de cotexo para comprobar que a entrega da noticia está ben feita.
  • Chamada a cubrir a fase 4 do seu diario de aprendizaxe.

Preparación reto final 

Sesións 20 e 21

Aula ordinaria 

  • FASE 5:

Valoracións finais



5.1. Presentamos a nosa noticia

5.2. Valorando o traballo

5.3. Rematamos cunha reflexión

5.4. Gala final

5.5. Diario de aprendizaxe

  • Presentación da noticia ante os compañeiros e compañeiras de clase.
  • Avaliación persoal e diana de valoración da ¨Cooperation league¨.
  • Coavaliación  e rúbrica de valoración do traballo en equipo.
  • Reflexión grupal sobre a experiencia durante a situación de aprendizaxe.
  • Gala final onde se realizará a entrega de premios.
  •  Chamada a cubrir a fase 5 do seu diario de aprendizaxe.

Os nosos retos

Sesión 22

Aula ordinaria

Avaliación e votacións

Sesión 23

Aula ordinaria

Entrega premios

Sesión 24

Pavillón

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)