Saltar navegación

1. Descrición xeral

A nosa 'Cooperation League'

A nosa Cooperation League é un REA (Recurso Educativo Aberto) para a área de Educación Física que ten como finalidade traballar as capacidades físicas básicas, a través do atletismo; e os valores do deporte, a través da organización dentro da clase de E.F. dunha liga cooperativa de balonmán e floorball, na que se valorará máis o traballo en equipo que o resultado dos partidos. 

Nesta situación de aprendizaxe proponse un reto final no que, a partir dunha noticia ficticia na que se anuncia a prohibición dos deportes no colexio debido aos conflitos que xeran, o alumnado creará, como produto final, unha nova noticia (en formato sonoro, audiovisual ou escrito) na que demostre que outro xeito de competir é posible.

A situación de aprendizaxe proposta ten como metas de aprendizaxe:

  1. Coñecer e poñer en práctica deportes individuais, como o atletismo, e colectivos, como o balonmán e o floorball.
  2. Descubrir unha nova forma de competir que prime a cooperación por riba do resultado numérico.
  3. Desenvolver habilidades motrices específicas que requiran a toma de decisións técnicas e tácticas durante a práctica deportiva.
  4. Traballar en equipo asumindo responsabilidades individuais e colectivas para acadar un obxectivo común.
  5. Fomentar e promover condutas que favorezan a convivencia, o xogo limpo e a deportividade.
  6. Experimentar formas de práctica deportiva que contribúan á promoción da saúde física, mental e social de xeito integral.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)