Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 3 que cobren integramente o currículo da materia de Música e danza de 6º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 01/07/2024).

As 4 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Este cole é un teatro"

1. Música dramática

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.6.

CA1.4, CA1.5, CA2.2, CA3.4.

15 % 1º trimestre
REA 2: "O patio en festa"

2. Imos de festa

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.6.

CA2.4, CA2.6; CA3.3.

21 % 2º trimestre
REA 3: "Anda o tempo revolto"

3. Viaxamos no tempo

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.4, CA4.6.

CA1.2.; CA3.2.; CA4.2.; CA4.3; CA4.5.

24 % 3º trimestre

A porcentaxe de peso da UD4 non figura nesta táboa porque está distribuída entre todos os REA.

Corresponde ao profesorado determinar a porcentaxe de peso que asignará á UD4 en cada REA. Por exemplo, poden optar por unha repartición proporcional entre os tres REA ou dar unha maior importancia a esta unidade a medida que o curso avanza.

Eixes da proposta didáctica

Esta situación de aprendizaxe está baseada nos eixos da materia de Música e danza de 6º de educación primaria. Ao longo de todas as fases foméntase:

  • Aprendizaxe cooperativa e traballo grupal: promóvese a colaboración entre o alumnado a través de actividades grupais e traballo en equipo. Isto fomenta a súas habilidades comunicativas, a responsabilidade individual e colectiva e a aprendizaxe entre iguais.
  • Atención á diversidade: tense en conta a diversidade do alumnado e ofrécense actividades multinivel que permiten a adaptación do traballo aos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe. Ao mesmo tempo, ofrécese unha lectura facilitada dos textos para favorecer a accesibilidade dos contidos. Ademais súmanse audios para a diversidade auditiva, así coma un achegamento aos SAAC mediante a inclusión de pictogramas para a clarificación de epígrafes.
  • Uso dos recursos TIC: foméntase a integración das ferramentas dixitais e o desenvolvemento da competencia comunicativa. Deste xeito, a música vincúlase coas TIC, favorecendo un enfoque interdisciplinario e acorde ás necesidades da sociedade actual.
  • Integración de contidos teóricos e prácticos: os coñecementos teóricos compleméntanse con exercicios prácticos como as interpretacións das partituras ou as actividades interactivas, que reforzan a comprensión dos contidos teóricos.
  • Pensamento reflexivo: ao longo desta proposta, o alumnado recolle as súas reflexións individuais e colectivas no diario de aprendizaxe. Esta ferramenta favorece que os estudantes tomen conciencia do seu proceso de aprendizaxe.
  • ABR: esta situación de aprendizaxe xira arredor dun reto inicial vencellado á aprendizaxe servizo, onde o alumnado adquirirá un rol docente. Deste xeito ensinará ao resto do centro unha coreografía nunha sesión de bailes latinos organizada nos recreos durante o tempo de lecer, achegando tamén a parte instrumental mediante unha batucada. A proposta crea no alumnado un obxectivo claro e motivador, favorecendo así a aprendizaxe significativa e o compromiso individual e colectivo na adquisición de coñecementos nun contexto real.

Relación cos Obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable:

  • ODS 3 (Saúde e benestar): a práctica instrumental e a danza contribúen ao benestar físico e mental das persoas que a practican.
  • ODS 4 (Educación de calidade): desde a concepción deste Recurso Educativo Aberto, este favorece un ensino inclusivo, equitativo e de calidade.
  • ODS 5 (Igualdade de xénero): achega a igualdade a través do desempeño de diferentes roles.
  • ODS 10 (Redución das desigualdades): promove a inclusión e a equidade educativa. Ademais, fai unha achega aos patios inclusivos, mostrando que a música ten unha dimensión DUA por natureza.
  • ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos): dada a multiculturalidade dos estilos musicais, foméntase unha conciencia social de aceptación doutras culturas a través da arte.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, chamado "O patio en festa", contén material de dúas unidades didácticas:

  • UD 2, "Imos de festa", inclúese de forma íntegra.
  • UD 4, "Músicas e danzas do mundo", inclúese só de maneira parcial, xa que é unha unidade transversal.

No presente REA trabállanse os seguintes contidos: 

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Estratexias de recepción activa.
  • C1.3 - O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
  • C1.4 - A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións. Clasificación e comprensión dos mecanismos de produción sonora en cada un. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
  • C1.5 - O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
  • C1.6 - O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución á diferenciación auditiva entre subdivisión binaria e ternaria.
  • C1.7 - A melodía e a forma musical. Identificación de formas sinxelas: monotemáticas, binarias, ternarias, canción popular, rondó simple e canon.
  • C1.10 - Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • C1.11 - Principais xéneros musicais.
  • C1.13 - Vocabulario específico de música.
  • C1.14 - Recursos dixitais de uso común para música.
  • C1.15 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
Bloque B1. Educación musical: percepción e análise
  • C2.1 - Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
  • C2.3 - Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada na interpretación musical.
  • C2.4 - Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
  • C2.6 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • C2.7 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
  • C2.8 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
Bloque B2. Educación musical: creación e interpretación
  • C3.1 - Estratexias de recepción activa.
  • C3.2 - Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, orixes e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • C3.3 - Profesións vinculadas ás artes escénicas performativas. Coñecemento e valoración.
  • C3.4 - Xéneros escénicos: aproximación a estes. Valoración da importancia da interpretación dramática no proceso artístico e do patrimonio vinculado ás artes escénicas e performativas.
  • C3.7 - Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
  • C3.8 - Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
  • C3.9 - Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque B3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise
  • C4.1 - O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
  • C4.2 - Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
  • C4.4 - Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
  • C4.5 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • C4.6 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
  • C4.7 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática.
Bloque B4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Os obxectivos da materia traballados especificamente neste REA son:

Obxectivos Descrición
OBX1 Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.
OBX2 Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas.
OBX3
Investigar sobre diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX4  Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX5 Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1-3-5
Competencia plurilingüe (CP) 3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) 1-2-3
Competencia dixital (CD) 1-2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 1-3-4-5
Competencia cidadá (CC) 1-2-3
Competencia emprendedora (CE) 1-2-3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) 1-2-3-4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)