Saltar navegación

1. Descrición xeral

O patio en festa

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado aos ritmos e bailes do mundo, na materia de Música e danza de 6º de Educación Primaria. O obxectivo é promover unha conciencia crítica e analítica sobre a música como elemento de celebración e a diversidade cultural.

Nesta situación de aprendizaxe, "O patio en festa", o alumnado deberá comezar explorando o seu propio contorno na sección "Onde é a festa?". Logo, exponse como reto organizar unha festa musical creando unha lista de reprodución e preparando unha actuación de batucada para a comunidade educativa na época do Entroido. 

O proceso iníciase en "Batucada", onde o alumnado creará a súa propia batucada e practicará os ritmos. Posteriormente, na etapa "Música latina", afondarán nos principais xéneros como a Cumbia, o Chachachá, o Merengue e a Salsa, escoitando e analizando as súas características.

O reto culmina na sección "A festa", onde o alumnado preparará os detalles antes da sesión e executará o evento.

Ao longo deste proceso traballaranse conceptos de ritmo, percusión corporal e instrumental, xéneros musicais e organización de eventos. Ademais, reflexionarán sobre o impacto social e festivo da música. Adquiren tamén coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse na creación de ritmos e a organización de actividades musicais.

Metas de aprendizaxe:

  1. Achegar a música latina ao alumnado.
  2. Afondar no coñecemento dos matices dinámicos e agóxicos.
  3. Descubrir a batucada e os seus ritmos.
  4. Coñecer diferentes estilos de música latina (cumbia, chachachá, merengue e salsa).
  5. Interpretar os ritmos da batucada e os pasos de baile que serán parte da sesión final.
  6. Organizar un evento musical.
  7. Valorar as diferentes manifestacións artísticas e musicais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)