Temporalización do REA
"O patio en festa" está deseñado para ser impartido no 2º trimestre do curso para un total de 11 sesións.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Onde é a festa? (Descrición) |
1.1 O meu patio 1.2 Reto 1.3 Diario de aprendizaxe |
Sesión de introdución e motivación. Reflexión sobre os patios escolares, as festas e o tempo de lecer. Presentación do reto. Escolla do lugar e as necesidades para o reto. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
2. Batucada (Coñecementos previos) |
2. Batucada 2.1 A nosa batucada 2.2 Que o ritmo non pare! 2.3 Diario de aprendizaxe |
Presentación da batucada. Instrumentos con material de refugallo. Práctica instrumental multinivel. Elementos da linguaxe musical. Matices dinámicos e agóxicos, actividades interactivas. Procesos compositivos (ritmo e movemento). Reflexión no diario de aprendizaxe. |
|
|
3. Música Latina |
3.1 Cumbia 3.2 Chachachá 3.3 Merengue 3.4 Salsa 3.5 Diario de aprendizaxe |
Presentación da cumbia, exemplos e actividade interactiva. Presentación do chachachá, exemplos e actividade interactiva. Presentación do merengue, exemplos e actividade interactiva. Presentación da salsa, exemplos e actividade interactiva. Ensaios dos pasos básicos dos catro estilos. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
5 sesións |
|
4. A festa (Reto final) |
4.1 Lista de reprodución 4.2 Antes da sesión 4.3 Imos aló 4.4 Diario de aprendizaxe |
Organización dun evento musical:
Valoración do reto. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
5. Fin de festa (Conclusión) |
5.1 Reflexionamos 5.2 Diario de aprendizaxe |
Repaso dos principais estilos. Compartir a experiencia con outros centros. Reflexión sobre a importancia da música no tempo de lecer. Valoración do traballo grupal. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |