Saltar navegación

3. Guía de uso

Pasear sin barreras

No REA "Pasear sin barreras" o alumnado aplicará o método de proxectos para xerar unha solución a un problema de accesibilidade no entorno, para o que terá que empregar os coñecementos adquiridos sobre mecanismos. O produto final terá que incluír un ou varios mecanismos, movidos por un motor eléctrico. 

O alumnado tomará un papel activo, elaborando de xeito técnico unha maqueta que irá acompañada da correspondente Memoria Técnica do proxecto, que servirá de guía para a realización do mesmo, e do Diario de Aprendizaxe, que axudará a reflexionar sobre as aprendizaxes realizadas no REA.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA. Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Este recurso constitúe unha nova posibilidade educativa para o profesorado, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe dos mecanismos por parte do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)