Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA3.1.1. Coñecer conceptos sobre mecanismos, para deseñar e fabricar sistemas mecánicos que solucionan un problema. |
Coñecer conceptos sobre mecanismos, para deseñar e fabricar sistemas mecánicos que solucionan un problema. |
PE (Non incluída no REA) |
UD 2 | 25 |
|
CA1.1.1. Definir problemas ou necesidades sobre mecanismos expostas buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia. |
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto de mecanismos de maneira crítica e fiable. |
TI | UD 2 | 5 |
|
CA2.1.1. Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas de mecanismos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa. |
Idear e deseñar solucións eficaces que resolvan un problema de mecanismos. |
TI | UD 2 | 5 |
|
CA2.2.1. Seleccionar, planificar e organizar os materiais e ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema de mecanismos, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaboradora. |
Seleccionar e organizar os materiais e ferramentas para construir unha solución a un problema de mecanismos. Planificar as tarefas necesarias para construir un sistema mecánico. |
TI | UD 2 | 5 |
|
CA2.3.1. Fabricar obxectos ou modelos mecánicos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
Fabricar un obxecto mecánico sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
TI | UD 2 | 15 |
|
CA3.1.2. Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde. |
Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde. |
TI | UD 2 | 25 |
|
CA5.1.1. Representar e comunicar o proceso de creación dun sistema mecánico desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais e empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto. |
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto mecánico. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. |
TI | UD 2 | 10 |
|
CA5.3.1. Crear contidos, elaborar materiais relacionados con mecanismos configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar maioritariamente os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
TI | UD 2 | 10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||