Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe e  na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. 
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º da ESO, contextualízase na unidade 2 "Proxecto de mecanismos".

Nesta unidade didáctica trátase o análise do funcionamiento de mecanismos de transmisión e transformación de movementos e as súas aplicacións prácticas, cálculos sinxelos de relacións de transmisión e velocidades e a aplicación práctica de todo o anterior mediante o deseño e construción dun sistema que incorpore mecanismos para a resolucion dun problema técnico.

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
  • Estratexias de procura crítica de información para a investigación e a definición de problemas expostos.
  • Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
Bloque 1
  • Uso e mantemento de ferramentas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
  • Respecto das normas de seguridade e hixiene.
  • Fabricación dixital. Deseño e construción de pezas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque 2
  • Análise do funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación do movemento e as súas aplicacións prácticas. Cálculos sinxelos de relación de transmisión e velocidades aplicados a proxectos.
  • Deseño de sistemas que incorporen mecanismos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxectos.
Bloque 3
  • Vocabulario técnico apropiado.
  • Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual.
  • Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
  • Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos.
Bloque 5

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia

Obxectivos Descrición
OBX1

Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida. 

OBX2

Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.

OBX3

Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.

OBX4

Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.

OBX6

Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.

OBX7

Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna. 

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1.- Exprésase de forma oral, escrita, signada ou multimodal con coherencia, corrección e adecuación aos diferentes contextos sociais, e participa en interaccións comunicativas con actitude cooperativa e respectuosa tanto para intercambiar información, crear coñecemento e transmitir opinións como para construír vínculos persoais.

CCL3.- Localiza, selecciona e contrasta de maneira progresivamente autónoma información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e intégraa e transfórmaa en coñecemento para comunicala adoptando un punto de vista creativo, crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual.

Competencia Plurilingüe (CP) CP2.-  A partir das súas experiencias, realiza transferencias entre distintas linguas como estratexia para comunicarse e ampliar o seu repertorio lingüístico individual.
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1.- Utiliza métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións coñecidas, e selecciona e emprega diferentes estratexias para resolver problemas analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, se fose necesario.

STEM2.- Utiliza o pensamento científico para entender e explicar os fenómenos que ocorren ao seu arredor, confiando no coñecemento como motor de desenvolvemento, facéndose preguntas e comprobando hipóteses mediante a experimentación e a indagación, utilizando ferramentas e instrumentos adecuados, apreciando a importancia da precisión e a veracidade e mostrando unha actitude crítica sobre o alcance e as limitacións da ciencia.

STEM3.- Formula e desenvolve proxectos deseñando, fabricando e avaliando diferentes prototipos ou modelos para xerar ou utilizar produtos que dean solución a unha necesidade ou problema de forma creativa e en equipo, procurando a participación de todo o grupo, resolvendo pacificamente os conflitos que poidan xurdir, adaptándose ante a incerteza e valorando a importancia da sustentabilidade.

STEM4 - Interpreta e transmite os elementos máis relevantes de procesos, razoamentos, demostracións, métodos e resultados científicos, matemáticos e tecnolóxicos de forma clara e precisa e en diferentes formatos (gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos...), aproveitando de forma crítica a cultura dixital e incluíndo a linguaxe matemático-formal con ética e responsabilidade, para compartir e construír novos coñecementos.

STEM5 - Emprende accións fundamentadas cientificamente para promover a saúde física, mental e social, e preservar o medio ambiente e os seres vivos; e aplica principios de ética e seguridade na realización de proxectos para transformar a súa contorna próxima de forma sustentable, valorando o seu impacto global e practicando o consumo responsable.

Competencia dixital (CD)

CD1 - Realiza procuras en Internet atendendo a criterios de validez, calidade, actualidade e fiabilidade, seleccionando os resultados de maneira crítica e arquivándoos, para recuperalos, referencialos e reutilizalos, respectando a propiedade intelectual.

CD2 - Xestiona e utiliza a súa contorna persoal dixital de aprendizaxe para construír coñecemento e crear contidos dixitais, mediante estratexias de tratamento da información e o uso de diferentes ferramentas dixitais, seleccionando e configurando a máis adecuada en función da tarefa e das súas necesidades de aprendizaxe permanente.

CD3 - Comunícase, participa, colabora e interactúa compartindo contidos, datos e información mediante ferramentas ou plataformas virtuais, e xestiona de maneira responsable as súas accións, presenza e visibilidade na rede, para exercer unha cidadanía dixital activa, cívica e reflexiva.

CD4 - Identifica riscos e adopta medidas preventivas ao usar as tecnoloxías dixitais para protexer os dispositivos, os datos persoais, a saúde e o medio ambiente, e para tomar conciencia da importancia e necesidade de facer un uso crítico, legal, seguro, saudable e sustentable das devanditas tecnoloxías. 

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA1.-  Regula e expresa as súas emocións, fortalecendo o optimismo, a resiliencia, a autoeficacia e a procura de propósito e motivación cara á aprendizaxe, para xestionar os retos e cambios e harmonizalos cos seus propios obxectivos.

CPSAA3.- Comprende proactivamente as perspectivas e as experiencias das demais persoas e incorpóraas á súa aprendizaxe, para participar no traballo en grupo, distribuíndo e aceptando tarefas e responsabilidades de maneira equitativa e empregando estratexias cooperativas.

CPSAA4.-  Realiza autoavaliacións sobre o seu proceso de aprendizaxe, buscando fontes fiables para validar, sustentar e contrastar a información e para obter conclusións relevantes.

CPSAA5.- Planea obxectivos a medio prazo e desenvolve procesos metacognitivos de retroalimentación para aprender dos seus erros no proceso de construción do coñecemento.

Competencia emprendedora (CE)

CE1.- analiza necesidades e oportunidades e afronta retos con sentido crítico, facendo balance da súa sustentabilidade, valorando o impacto que poidan supoñer na contorna, para presentar ideas e solucións innovadoras, éticas e sustentables, dirixidas a crear valor no ámbito persoal, social, educativo e profesional.

CE3.- Desenvolve o proceso de creación de ideas e solucións valiosas e toma decisións, de maneira razoada, utilizando estratexias áxiles de planificación e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a termo o proceso de creación de prototipos innovadores e de valor.

Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)

CCEC3.- Expresa ideas, opinións, sentimentos e emocións por medio de producións culturais e artísticas, integrando o seu propio corpo e desenvolvendo a autoestima, a creatividade e o sentido do lugar que ocupa na sociedade, cunha actitude empática, aberta e colaborativa.

CCEC4.- Coñece, selecciona e utiliza con creatividade diversos medios e soportes, así como técnicas plásticas, visuais, audiovisuais, sonoras ou corporais, para a creación de produtos artísticos e culturais, tanto de forma individual como colaborativa, identificando oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral, así como de emprendemento.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)