Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para a correcta implementación deste REA na aula son:

Recursos materiais necesarios

Para a correcta realización deste REA, e para garantir que o alumnado poida desenvolver seus proxectos de maneira efectiva, é fundamental contar cos seguintes recursos materiais:

  • Ordenadores. Precísase un equipo con conexión a Internet por cada estudante. O equipo permitirá aos estudantes visualizar o REA, realizar investigacións, elaborar deseños e documentar o progreso do proxecto e da súa aprendizaxe. O software demandado é de carácter libre e está instalado nos equipos Abalar da Consellería ou dispoñible en liña.
  • Aula-taller. É necesario dispoñer dun espazo adecuado onde os estudiantes poidan traballar na construcción das maquetas. A aula-taller debe estar equipada con mesas de traballo amplas, ferramentas para o traballo manual (regras, lápis, serras, etc.), materiais de construcción (madeira, cartón, colam etc.) así como equipamento de segurridade (gafas, luvas, etc.).

Agrupamentos

Recoméndase que sexa o profesorado quen organice os estudantes en grupos de 4-5 alumnos/as, da maneira mais heteroxénea posible e tendo en conta as seguintes pautas:

  • Agrupar ao alumnado con diferentes capacidades, para crear equipos nos que se inclúan tanto estudantes máis proactivos, líderes e organizativos como  alumnado máis pasivo e menos colaborativo, etc.
  • Asignar a cada alumno/a unha función no grupo, que lle permita amosar e poñer en xogo as súas capacidades.
  • Crear un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e motivando nas dificultades.

Para a realización do reto será fundamental o bo funcionamento das reunións ao inicio da clase, así como a orde e limpeza da aula-taller ao final da mesma.

Durante todo o REA intercalaránse actividades individuais nas que o alumnado deberá entrenarse para a posterior realización do reto. Estas actividades están organizadas e secuenciadas atendendo á diversidade do alumnado.

Produtos finais

O produto final do REA "Pasear sin barreras" é unha maqueta que represente a solución a un problema de accesibilidade no entorno do alumnado. A maqueta terá que incluir, como mínimo, un mecanismo movido por un motor eléctrico, e deberá reflectir as ideas e solucións propostas polos membros de cada grupo, amosando unha planificación detallada e un traballo colaborativo eficiente. 

Para conseguir o anterior, ofrécenselle tres posibles solucións ao alumnado: ascensor, porta corredera e rampa. Todas elas levan asociada a documentación técnica correspondente, é dicir, nunha memoria técnica por grupo/proxecto.

O producto final debe cumprir as seguintes condicións:

  • Deberá poder almacenarse nunha caixa de folios estándar (aproximadamente 30 cm x 22 cm x 11 cm).
  • Debe levar un mecanismo adecuado á funcionalidade esperada, así como á finalidade do deseño.
  • Incluirá un motor eléctrico para o seu funcionamento.

Enfoque multinivel do reto

O reto presenta tres prototipos posibles, dos que cada grupo desenvolverá un por elección propia. Ademáis, cada un dos prototipos pode adaptarse para aumentar ou disminuir seu grado de dificultade. Por outra banda, se presentan diferentes posibilidades de mellora de cada un dos prototipos. O profesorado poderá adoptar o nivel de dificultade en función dos intereses e capacidades do alumnado da aula.

 Desenvolvemento da competencia dixital

Moitas das actividades do REA están pensadas para realizarse de forma dixital. Tamén se poder usar o ordenador como elemento de traballo nas diferentes fases da realización do reto, incluíndo a posibilidade de construcción de pezas mediante cortadora láser.

A memoria técnica do reto tamén pode cubrirse dixitalmente, aínda que se dispoña dunha copia en PDF. O alumnado ten un diario de aprendizaxe que pode cubrirse de forma dixital, de xeito que vaia reflexionando sobre o proceso de aprendizaxe, aínda que se dispoña dunha copia en PDF. 

Polo tanto, cumprir co reto proposto implica interactuar con ferramentas dixitais para comunicarse e traballar colaborativamente, debendo aplicar en todo momento a etiqueta dixital.

Rúbrica de avaliación

Na fase 4 do REA preséntase ao alumando a rúbrica de avaliación do reto. Nesta guía, no seguinte punto, "Recursos e solucións do REA", ofrécese unha versión editable para o profesorado, de tal maneira que poda ser adaptada ás necesidades da súa práctica na aula. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)