Pasear sin barreiras
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ofrece ao alumnado unha profundización no tema de mecanismos, que se iniciou no 1º curso da ESO, facendo fincapé na resolución de problemas de carácter numérico.
A situación de aprendizaxe ofrece ao alumnado o reto de diseñar e construir unha maqueta (a elexir entre tres posiblidades) que permita salvar un obstáculo do seu entorno, empregando a metodoloxía de proxectos.
Dita maqueta incorporará, como mínimo, un mecanismo. E utilizará un motor eléctrico como fonte de movemento. Este mecanismo debe ser capaz de elevar unha pequena construcción que simula unha plataforma de acceso, permitindo que calquera persoa supere o obstáculo de modo fácil e seguro.
As metas de aprendizaxe son:
- Identificar e analizar problemas ou necesidades de accesibilidade nun entorno, buscando e evaluando información confiable, reforzando un pesamento crítico e seguro na búsqueda de solucións.
- Deseñar solucións sostibles e innovadoras que aborden problemas de accesibilidade no entorno de forma eficaz, fomentando unha actitude emprendedora, creativa e perseverante.
- Coñecer e aplicar conceptos sobre mecanismos para deseñar solucións que respondan a problemas específicos de accesibilidade, utilizando coñecementos de mecánica para resolvelos.
- Construir unha maqueta con un sistema mecánico sinxelo que resolva un problema de accesibilidade.
- Seleccionar e planificar materiais, ferramentas e tarefas necesarias para construir a maqueta, traballando de modo cooperativo e colaborativo.
- Traballar de forma segura durante a construccion da maqueta, respetando as normas de seguridade e saúde no traballo.
- Documentar e comunicar o proceso de deseño e creación da maqueta, elaborando a documentación técnica precisa e utilizando o vocabulario adecuado.
- Configurar e crear contido dixital respetando os dereitos de autor e as normas de etitqueta dixital.