Saltar navegación

3. Guía de uso

Unha luminosa Idade Media

O presente REA expón as principais características da Idade Media europea. Partindo da finda Idade Antiga, o alumnado poderá conectar os coñecementos sobre sociedade, arte e relixión durante a Idade Media coa súa realidade e cos problemas actuais, cun forte enfoque na defensa patrimonial, buscando unha adquisición significativa do coñecemento.

O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade. 

Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá expoñer, a partir de tres posibilidades de elaboración, os principais aspectos dalgún monumento medieval da súa contorna. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.

O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poda conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para afianzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)