Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.5: Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados. | Entende os trazos básicos do sistema feudal e da súa organización social. |
PE (Proens) TI (REA) |
2 | 60 |
| CA3.7: Tomar conciencia do ciclo vital e analizar como cambiaron as súas características, necesidades e obrigacións en distintos momentos históricos, así como as raíces da distribución por motivos de xénero do traballo doméstico, asumindo as responsabilidades e compromisos propios da idade no ámbito familiar, na contorna escolar e na comunidade, e valorando a riqueza que achegan as relacións interxeracionais. | Entende as desigualdades propias da sociedade feudal. | |||
| CA2.1: Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas. | É capaz de diferenciar entre fontes primarias e secundarias. | TI (REA) | 40 | |
| CA3.2: Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados. | Elabora un proxecto, oral ou escrito, no que sintetiza os elementos básicos do feudalismo. | |||
| CA3.6: Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea. | Comprende a relevancia do imperio carolinxio como precedente da idea de Europa. | |||
| CA2.6: Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal. | Comprende os trazos básicos da cultura europea e islámica. |
PE (Proens) TI (REA) |
3 | 60 |
| CA3.6: Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea. | Asimila os aspectos elementais da arte románica e gótica. | |||
| CA1.5: Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos. | Asimila os aspectos elementais da arte islámica. | TI (REA) | 40 | |
| CA2.2: Utilizar unha secuencia cronolóxica con obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados. | Logra elaborar un eixe cronolóxico sobre a evolución da arte medieval. | |||
| CA2.8: Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos. | Valora a importancia do patrimonio artístico, histórico e cultural na sociedade actual. | |||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||
Ao desenvolver de maneira conxunta dous temas da programación modelo de PROENS, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.