Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 2º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas en algúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa inclúe un total de seis REA, cunha distribución de dous por trimestre. O único cambio significativo respecto á programación modelo de Proens utilizada como base afecta á temporalización da UD 8, que se traslada do segundo ao terceiro trimestre.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Misterio no mosteiro: a Alta Idade Media na Península Ibérica" UD1 Os reinos altomedievais
UD4 A Península Ibérica na Idade Media e o reino medieval de Galicia
CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA 3.6 13% 1º trimestre
REA 2: "Unha luminosa Idade Media" UD2 A Europa feudal
UD3 Románico, gótico e arte islámica
CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.2, CA3.6, CA3.7 12% 1º trimestre
REA 3: "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" UD5 Crise feudal e Baixa Idade Media CA1.6, CA2.1, CA2.3 CA2.5, CA3.2, CA3.3 10% 2º trimestre
REA 4: "Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica" UD6 A Monarquía Hispánica
UD7 A conquista e colonización de
América
CA1.2, CA1.3, CA2.1, CA2.4, CA2.5, CA2.7, CA3.3 20% 2 trimestre
REA 5: "Combatendo trolas: os avances do ser humano" UD8 Renacemento e Reforma
UD9 O século do Barroco
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 18% 3º trimestre
REA 6: "Un mundo cheo pero desigualmente repartido" UD10 Os desafíos demográficos
UD11 Un mundo de cidades
UD12 Desigualdade e cooperación
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 27% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

  • Fomentar os ODS vencellados cos contidos, en concreto o ODS 4. Educación de calidade, ODS 5. Igualdade de xénero e ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas.
  • Acadar unha aprendizaxe colaborativa e o traballo grupal.
  • Partir do local, a partir de exemplos próximos ao alumnado, para chegar a conclusións globais.
  • Poñer en valor o papel da muller en diferentes épocas históricas para fomentar a igualdade de xénero entre o alumnado.
  • Comprender a pegada da Historia na situación actual dende un punto de vista social, político e histórico-artístico.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O REA proposto recolle os contidos e criterios de avaliación correspondentes ás Unidades 2 e 3 da proposta didáctica de Proens para materia de Xeografía e Historia no segundo curso da ESO.

Os contidos traballados corresponden aos bloques 1, 2 e 3 da materia, tal e como se recolle no Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos Bloque da materia
  • Igualdade. Situacións discriminatorias das nenas e das mulleres no mundo. Roles de xénero e a súa manifestación en todos os ámbitos da sociedade e da cultura.
Bloque 1
  • Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.
  • Violencia e conflitos armados. A guerra na Idade Media. Os civís durante as guerras.
  • Autoridade e complexidade social durante a Idade Media. Os estamentos.
  • A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo medieval. Evolución da teoría do poder.
  • A construción das identidades culturais, da idea de Europa e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte durante a Idade Media. Relacións coa civilización islámica.
  • O papel da relixión na organización social, a lexitimación do poder e a formación de identidades. Herexías, persecucións e guerras de relixión.
  • A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social durante a Idade Media.
  • Significado e función das expresións artísticas e culturais nas distintas civilizacións. Diversidade e riqueza cultural. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
Bloque 2
  • Ciclos vitais, uso do tempo libre e hábitos de consumo. Diferenzas e cambios nas formas de vida nas sociedades actuais e nas do pasado.
  • Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
  • Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8
Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e a contorna.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en Comunicación Lingüística CCL2, CCL3, CCL5
Competencia Plurilingüe CP3
Competencia Matemática e Competencia en Ciencia, Técnica e Enxeñaría STEM3, STEM4, STEM5
Competencia Dixital CD1, CD2, CD4
Competencia Persoal, Social e de Aprender a Aprender CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA5
Competencia Cidadá CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia Emprendedora CE1
Competencia en Conciencia e Expresións Culturais CCEC1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)