Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

  • Para a resolución das actividades en liña: ordenador
  • Caderno do alumnado para as actividades de expresión escrita
  • Materiais de manualidades para algunha das actividades propostas: papeis de cores, pegamento, tesoiras, catolinas, pinturas.
  • Para a resolución do reto: ordenador para a elaboración de presentacións e infografías, así como para a creación do itinerario. Para empregar o programa proposto, será preciso crear unha conta de Google Mail.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Os grupos deberán ser equilibrados, buscando en todo momento que todo o alumnado participe de igual xeito. En canto ao número de alumnos e alumnas, recoméndase que estean ao redor de 4 ou 5 persoas por grupo.

Produtos finais

O obxectivo último deste REA é que o alumnado valore e respecte o patrimonio cultural da súa contorna e que comprenda que factores influíron na súa creación. Unha vez adquiran estes coñecementos, é desexable que os transmitan de xeito ordeado e eficaz, e que a poder ser estes coñecementos saian do centro educativo para chegar á poboación que se interese por estes monumentos. Así, a través dos produtos derivados do reto, o público será quen de coñecer o patrimonio da contorna:

  • A través das infografías cos datos do monumento: data, contexto histórico, estilo artístico, importancia na contorna etc.
  • Ou dos códigos QR que conteñen a mesma información das infografías.
  • Ou do estudo da historia da contorna e dos monumentos máis importantes que se poden visitar.

Enfoque multinivel do reto

O reto permite tres niveis de execución, segundo a dificultade que elixa o grupo.

  • Opción A: elaboración dunha infografía dun monumento medieval da contorna
  • Opción B: elaboración dun QR que recolla información dos monumentos medievais da contorna
  • Opción C: elaboración dun itinerario cultural con información dos diferentes monumentos incluídos. Idealmente podería combinarse coa opción B.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)