Saltar navegación

3. Guía de uso

A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese

O REA "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" ten coma finalidade ensinar os aspectos básicos da crise baixomedieval. O alumnado traballará os contidos cun enfoque competencial, práctico e significativo.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, por canto se presentan diferentes versións da información, accesibles a alumnado con distintos graos de dificultade. Do mesmo xeito propóñense actividades multinivel que permitan atender á diversidade do alumnado.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda os contidos traballados e que logo sexa capaz de aplicar correctamente eses coñecementos para superar un reto final consistente na redacción dunha serie de artigos na revista escolar tentando acadar o recoñecemento dos potenciais lectores.

Así pretendemos que o profesorado que queira utilizar este recurso na aula teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe de aspectos básicos do mundo baixomedieval.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)