Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 9 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 2º de ESO, englóbase no segundo trimestre.
A continuación inclúese unha Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas e cunha breve descrición do traballo a desenvolver en cada fase:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Arrancade: sodes xornalistas! | Arrancade: sodes xornalistas! | Sesión de motivación e presentación da tarefa. | 1 sesión |
| 2. Poderedes? A repasar |
2.1. No medio de que?
|
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos | 1 sesión |
| 3. A aprender moito máis: para escribir hai que saber |
3.1. As crises 3.2. Consecuencias: a crise produce cambios. |
Sesións con actividades informativas e interactivas sobre a Baixa Idade Media. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva de “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto formulado na situación de aprendizaxe, nun proceso que fomenta a súa autonomía e capacidade de autoaprendizaxe. |
3 sesións |
| 4. Reto final: eses artigos son nosos | Reto final | Sesións dirixidas á realización do reto proposto, consistente na elaboración dun informe a un monarca para que poda recoñecer os problemas que asolan ao seu reino. Con esta actividade final que o alumnado debe activar e aplicar a situación real os coñecementos adquiridos nas fases previas da unidade. | 3 sesións |
| 5. Estamos chegando. E… aprendiches moito? | Estamos chegando. E… aprendiches moito? | Sesión dedicada á exposición da aula do produto final por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido. | 1 sesión |