Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

  • O traballo sobre a información e as súas fontes a través de recursos variados.
  • A contextualización das aprendizaxes na contorna local e global.
  • O interese polos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
  • O exercicio da solidariedade, a cohesión social e a coeducación en igualdade mediante o traballo grupal.
  • O traballo desenvolvido tamén contribuirá a acadar determinados obxectivos dos ODS entre eles, o 4 (educación de calidade), o 5 (igualdade de xénero) e o 17 (alianzas para acadar obxectivos).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que PROENS propón para a materia de Xeografía e Historia de 2º de E.S.O. O material recolle contidos da Unidade 5: Crise feudal e Baixa Idade Media.

Contidos Bloque da materia
  • A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral, cidadá e á convivencia social.
Bloque 1
  • Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.
  • Violencia e conflitos armados. A guerra na Idade Media e na Idade Moderna. Os civís durante as guerras.
  • Autoridade e complexidade social durante a Idade Media e a Idade Moderna. Os estamentos.
  • O papel da relixión na organización social, a lexitimización do poder e a formación de identidades. Herexías, persecucións e guerras de relixión.
  • Ciencia, medicina e avances tecnolóxicos. A loita contra epidemias e pandemias. Racionalismo e empirismo na explicación da realidade fronte ás supersticións.
Bloque 2
  • Cidadanía europea. Ideas e actitudes no proxecto de construción dunha identidade común. A seguridade e a cooperación internacional.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 1
Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX 3
Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX 5
Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX 6
Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX 8
Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e a contorna.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM 3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2, CPSAA3, CPSAA5
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL2, CCL3, CCL5
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)