Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens)

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA2.5: Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados. Recoñece os cambios sociais da Baixa Idade Media e os enfrontamentos civís provocados polos mesmos. PE 5 60
CA3.3: Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas que se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais. Comprende o ascenso da burguesía como novo grupo dentro da sociedade estamental.
CA1.6: Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos aos que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia. Coñece o ciclo demográfico antigo TI 40
CA2.1: Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas. Diferencia entre fontes primarias e secundarias sobre a Baixa Idade Media.
CA2.3: Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. Identifica mapas históricos relacionados coa expansión comercial baixomedieval.
CA3.2: Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados. Realiza unha exposición, oral ou escrita, sobre a Peste Negra en Europa.
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.6 - Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos aos que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia.
  1. Actividade grupal: comentario sobre gráfico de poboación europea. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  2. Actividade de resposta múltiple sobre as características das crises baixomedievais. (Sección 3.1: as crises)
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
CA2.1 - Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
  1. Actividade de encher ocos sobre cambios e continuidades entre Idade Media e Idade Moderna. (Sección 3.2: Consecuencias: a crise produce cambios)
  2. Reto final (Sección 4)
  1. Retroalimentación.
  2. Rúbrica reto final.
CA2.3 - Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
  1. Actividade de Verdadeiro / Falso sobre características básicas da Idade Media. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  2. Actividade grupal: redacción da carta e elaboración dun esquema resumo. (Sección 5: Estamos chegando. E...aprendiches moito?)
  3. Reto final. (Sección 4)
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Rúbrica reto final.
CA2.5 - Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
  1. Actividade de Verdadeiro/Falso sobre as características da Idade Media. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  2. Actividade de resposta múltiple sobre as crises da Baixa Idade Media. (Sección 3.1: as crises)
  3. Actividade de repaso xeral sobre vocabulario básico do período. (Sección 3.2: Consecuencias: a crise produce cambios)
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Retroalimentación.
CA3.2 - Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas.
  1. Reto final. (Sección 4)
  1. Rúbrica reto final.
CA3.3 - Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas que se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades.
  1. Actividade sobre períodos históricos. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  2. Actividade de arrastre sobre clasificación de acontecementos da Alta e da Plena Idade Media. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  3. Actividade sobre liña do tempo e clasificación cronolóxica. (Sección 2.2: virán tempos mellores?)
  4. Actividade de arrastre para fiar frases sobre as consecuencias das crises. (Sección 3.2: Consecuencias: a crise produce cambios)
  5. Actividade de Verdadeiro / Falso sobre as características das crises. (Sección 3.1: as crises)
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Retroalimentación.
  4. Retroalimentación.
  5. Retroalimentación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)