El Mathington Post
O REA "El Mathington Post" fai un percorrido polos sentidos alxébrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 2º da ESO.
O fío condutor son os artigos periodísticos que se publican nun periódico ficticio chamado "El Mathington Post". A través dos artigos os publicados neste periódico os estudantes traballan conceptos básicos de funcións e en particular, da función lineal e cadrática. Finalmente converteranse eles mesmos en redactores do periódico e aplicarán o aprendido.
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: "Periodistas en el siglo XXI"
- Exploración: "En prácticas"
- Conexión: "En la redacción"
- Reto final: "Vuestro artículo"
- Conclusión: "En los kioscos"
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (creación dun artigo periodístico) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora. Moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre coordenadas.
Na fase 3 introdúcense novos contidos como o concepto de función, a función lineal e cadrática; todos eles nun contexto periodístico con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido na redacción dun artigo periodístico.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.
O substrato do REA
A idea do REA é traballar a competencia matemática proporcionando ao alumnado situacións reais e variadas, nun contexto periodístico, nos que as funcións aparezan como instrumentos útiles e potentes para modelar e analizar a realidade.
A intención das persoas elaboradoras do REA é a de visualizar a conexión entre matemáticas e realidade, fomentar a creatividade, o análise crítico e o traballo en equipo.
A dificultade do reto final (elaboración dun artigo periodístico) vai depender da complexidade da función que escollan para modelar o tema tratado no artigo.
É importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.