Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 2º de ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 8."Funcións. Táboas e gráficas" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 4. "Sentido alxébrico" e 6. "Sentido socioafectivo".
| Contidos |
Bloque da materia |
- C4.1 - Modelo matemático.
- C4.1.1 - Modelización de situacións sinxelas da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.
- C4.1.2 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
- C4.2 - Variable.
- C4.2.1 - Comprensión do concepto de variable nas súas diferentes naturezas.
- C4.3 - Igualdade e desigualdade.
- C4.3.1 - Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais e cadráticas en situacións da vida cotiá.
- C4.3.4 - Resolución alxébrica e gráfica de sistemas de dúas ecuacións lineais e dúas incógnitas. Aplicación a problemas contextualizados.
- C4.3.5 - Uso da tecnoloxía para resolver e comprobar as solucións de ecuacións e sistemas de ecuacións lineais.
- C4.4 - Relacións e funcións.
- C4.4.1 - Aplicación e comparación das diferentes formas de representación dunha relación (táboa, gráfica, fórmula).
- C4.4.2 - Identificación de funcións, lineais ou non lineais, estudo e comparación das súas propiedades a partir das súas gráficas ou expresións alxébricas.
- C4.4.3 - Identificación de relacións cuantitativas e determinación da clase ou clases de funcións que a modelizan en problemas propios doutras materias ou do mundo real.
- C4.4.4 - Uso da álxebra simbólica para a representación e a explicación de relacións matemáticas a partir de situacións contextualizadas.
- C4.4.5 - Dedución da información relevante dunha función mediante o uso de diferentes representacións simbólicas.
- C4.5 - Pensamento computacional.
- C4.5.1 - Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.
- C4.5.2 - Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.
- C4.5.3 - Uso de calculadoras gráficas e software específico para a representación de funcións e a análise dos seus elementos característicos.
|
Bloque 4 |
- C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
- C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
- C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
- C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
- C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
|
Bloque 6 |
| Obxectivos |
Descrición |
OBX 4
|
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz. |
OBX 6
|
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas. |
OBX 8
|
Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas. |
OBX 9
|
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas. |
OBX 10
|
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe |
CP1, CP3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD2, CD3, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| CC - Competencia cidadá |
CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC1, CCEC3 |