El Mathington Post
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos alxébrico e socioafectivo do currículo de 2º de ESO nun contexto periodístico.
Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais motivadoras que requiran distintos niveis de dificultade.
Para acadalo proponse elaborar de forma conxunta un traballo periodístico, nun contexto real e de interese para alumnado, no que a utilización de funcións enriqueza ese traballo.
Ao longo do REA introduciranse os novos conceptos, exemplos e problemas utilizando artigos de prensa. O amplo abano das seccións dun periódico permite unha riqueza de contextos.
As metas de aprendizaxe son:
- Identificar as variables dependentes e independentes que interveñen nunha función sinxela (expresada alxebricamente, como gráfica, como táboa ou a través dun texto).
- Interpretar e analizar de forma crítica a información que ven dada por una función expresada como gráfica.
- Modelar e interpretar situacións reais a través de funcións lineais.
- Interpretar situacións reais modeladas a través de funcións cadráticas.
- Empregar a resolución de ecuacións de primeiro e segundo grao no cálculo de determinados valores de funcións lineais e cadráticas.
- Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións e asumindo erros.
- Desenvolver destrezas sociais participando activa e reflexivamente en actividades de traballo en equipo.