Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 23 sesións, e proponse impartila no terceiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Unidades de medida, lonxitude e áreas" (22 sesións), e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizase:

1. Arquitecturas del agua

1.1. Conviértete en zahorí

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: informe sobre unha construcción relacionada coa auga.

Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e os obxectivos finais.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 sesión

Exploración de coñecementos previos:

2. La fuerza del agua

2.1. Explorando el río

2.2. El poder del río

Aguas tranquilas

Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre as unidades de medida contextualizando no nacemento dos ríos e a súa contorna.

Preséntanse as diferentes partes do cauce dun río e introdúcense magnitudes relacionadas: lonxitude, profundidade, caudal, superficie... Tamén se traballa sobre as zonas inundables dos ríos e os puntos REDNAP.

Realízanse actividades manipulativas e prácticas con datos reais (anchura, profundidade, velocidade da auga, zonas de servidume e policía), así como conversións entre unidades.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

3 sesións

Conexión:

3. Rutas del agua

3.1. Manatial de Cabreiroá

3.2. Geometría en baldosas de Cabreiroá

3.3. Figuras circulares en las vidrieras de Vidago

3.4. Puentes y otras estructuras trianguladas

3.5. Termas y medidas

3.6. Un día en el molino de O Souto

3.7. Precisión y gestión en el molino de O Souto

3.8. La memoria del molino

3.9. Engranajes que cuentan historias

3.10. El agua da forma a la tierra

3.11. Áreas circulares en Mondariz

3.12. El sexto sentido

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

- Estimación, medida e interpretación de unidades de superficie e volume no contexto de fontes, termas, muíños e elementos naturais.

- Identificación de formas xeométricas planas presentes no patrimonio termal e o seu deseño con GeoGebra e de forma manipulativa.

- Emprego do Teorema de Pitágoras na análise de estruturas trianguladas.

- Aplicación de fórmulas para o cálculo de áreas de figuras planas: triángulos, cadrados, rectángulos, rombos, trapecios, círculos e combinacións destas no contexto do muíño e das fincas agrícolas. 

- Aplicación do razoamento matemático para resolver problemas contextualizados no patrimonio local.

- Representación e comunicación de procesos e resultados usando a linguaxe matemática adecuada.

As distintas actividades grupais propoñen retos contextualizados nos que o alumnado colabora para analizar formas xeométricas, aplicar conceptos matemáticos e deseñar solucións prácticas. A través de tarefas como o estudo de formas circulares, o deseño dunha barandilla, a planificación do uso dun muíño e a creación dunha finca ideal, promóvese o traballo cooperativo, a toma de decisións en equipo e a aplicación das matemáticas a situacións reais.

Ademáis, invita a reflexión sobre o proceso de aprendizaxe no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

17 sesións

Reto final:

4. El estuario

4. El estuario

Proponse unha sesión para elaborar o informe sobre a construcción relacionada coa auga.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

1 sesión

Conclusión:

5. El remanso

5. El remanso

Sesión vinculada á exposición do informe realizado e a explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula.

Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)