Poemas no tellado
Este REA (Recurso Educativo Aberto) desenvolve a Unidade 5 da área de Lingua Castelá e Literatura "A linguaxe Poética", segundo o modelo de programación PROENS.
Está deseñado co obxectivo de desenrolar no alumnado estratexias de comprensión e expresión empregando, en especial, a linguaxe poética.
O reto consistirá nunha instalación poética. O alumnado sobre unha tella escribirá e ilustrará un poema propio. Con todos os traballos realizados construiremos un tellado poético.
As metas de aprendizaxe son:
- Apreciar a poesía.
- Recoñecer e empregar novos recursos literarios para realizar poesías máis atractivas.
- Recitar poesía co ritmo, entoación e emoción axeitados.
- Empregar a rima e a métrica.
- Crear poesía para unha instalación poética.
- Valorar e respectar as producións dos demáis.
- Utilizar correctamente os signos de puntuación (punto, coma, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos).
- Coñecer e empregar os pronomes: personais, posesivos, demostrativos, numerais e indefinidos.