Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 24 sesións, tendo en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal afondar no coñecemento dos distintos elementos que compoñen a función de relación. Coñecer os sentidos, os ósos e músculos e o sistema nervioso, tanto a nivel anatómico como fisiolóxico, levará un tempo de adquisición de contidos e realización de actividades, tanto no caderno como interactivas, e outro de posta en práctica deses contidos, creando maquetas e divulgando as conclusións do traballo realizado. Deste xeito, as metodoloxías activas guiarán o proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado neste REA.
| Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
| FASE 1: A criatura |
1.1. Quen era Franki?
1.2. Un reto monstruoso
1.3. Diario de aprendizaxe
|
- Presentación da situación de aprendizaxe
- Comprender o reto, os obxectivos e as metas a alcanzar co mesmo.
- Entender os pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe.
- Explicación do diario de aprendizaxe e chamada para cubrir a fase 1 do mesmo.
- Formación de equipos nivelados e realización de actividade cooperativa.
|
Sesión 1
Aula ordinaria
|
| FASE 2: Lembras que... |
2.1 Dando vida a Franki.
2.2 Actividades.
2.3 Diario de aprendizaxe
|
- Actividades e xogos de coñecementos previos relacionadas co corpo humano e o seu funcionamento.
- Actividades multinivel de coñecementos previos.
- Chamada para cubrir a fase 2 do diario de aprendizaxe.
|
Sesión 2
Aula ordinaria
|
| FASE 3: Franki... por partes |
3.1. Desafía os teus sentidos.
3.2. Desafía o teu esqueleto.
3.3. Desafía o teu cerebro.
3.4. Diario de aprendizaxe
|
- Actividades centradas no coñecemento do corpo humano e o seu funcionamento en relación co medio.
- Coa axuda de vídeos, achegarse aos contidos dos sentidos para resolver actividades interactivas, ademais de descubrir curiosidades sobre os mesmos e realizar sinxelos experimentos para vivenciar o aprendido.
- A través de audios, descubrir máis sobre os ósos e os músculos e como se relacionan entre si, e tamén os distintos niveis de organización celular, completando este traballo con actividades no caderno.
- A través de duns "boletíns informativos", afondar no coñecemento do sistema nervioso, realizando actividades interactivas.
- Aplicar as aprendizaxes adquiridas elaborando diferentes desafíos, como a elaboración dun Visual Thinking, a construción dunha man articulada ou programando un sinxelo robot.
- Reflexionar sobre todo o aprendido a través do diario de aprendizaxe, favorecendo así a metacognición.
|
Sesións
3-4-5-6-7-8-9-10-11-12-13-14-15-16-17-18-19-20-21
|
| FASE 4: Reto |
4.1. Montaxe.
4.2. Elaboración do discurso.
4.3. Valoración do reto.
4.4. Diario de aprendizaxe
|
- Esta fase está centrada na elaboración do reto, creando así unha situación de aprendizaxe na que se pon en práctica todo o traballado anteriormente.
- Facer a montaxe cos recursos creados, elaborar un discurso e valorar os retos realizados.
- Chamada a cubrir esta fase do seu diario de aprendizaxe.
|
Sesión
22
|
| FASE 5: Finalmente... Franki! |
5.1 Actividade individual.
5.2 Exposición.
5.3 Diario de aprendizaxe.
|
- Actividade individual con mapa conceptual.
- Exposición dos retos e actividades de coavaliación dos mesmos, con reflexión grupal sobre os contidos.
- Entrada e reflexión no diario de aprendizaxe.
|
Sesións
23 e 24
Conclusións
|