Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Ciencias da Natureza busca formar nenas e nenos como persoas activas, responsables e respectuosas co medio natural. A través da observación sistemática, a medición, a experimentación e a formulación de hipóteses, aprenden a comprender a ciencia como un proceso de investigación, respondendo aos problemas dunha sociedade globalizada e en constante desenvolvemento científico-tecnolóxico.

O alumnado debe adquirir conceptos, destrezas e actitudes relacionadas cos seres vivos, a materia, as forzas e as formas de enerxía, así como o funcionamento do corpo humano. Isto axuda a abordar a importancia do coidado da saúde, o benestar emocional, o respecto cara aos seres vivos e a súa contorna, promovendo os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

A dixitalización das contornas de aprendizaxe require un uso seguro e responsable da tecnoloxía, xunto coa promoción do espírito emprendedor e o desenvolvemento das destrezas tecnolóxicas. Isto facilita a realización de proxectos interdisciplinares cooperativos que achegan solucións creativas e innovadoras a través do desenvolvemento de prototipos con valor ecosocial, fomentando a aprendizaxe activa e contextualizada.

Este REA contribúe a varios dos obxectivos da área, principalmente ao obxectivo 2, coñecer e tomar conciencia do propio corpo para desenvolver hábitos saudables e para conseguir un alto grado de benestar; o obxectivo 5, utilizar recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, traballando de maneira individual e en equipo, e para reelaborar e crear contido de forma creativa e manipulativa; e o obxectivo 6, resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. E todo isto, buscando solucións creativas e aplicándoas a problemas da realidade.

Esta situación de aprendizaxe busca promover valores e accións que favorecen un futuro máis xusto, igualitario e respectuoso co planeta. Está directamente conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS):

  • ODS 3 - Saúde e benestar: xa que fomenta a educación sobre a saúde sexual e reprodutiva, incluíndo os seus coidados e a prevención de enfermidades. Tamén contribúe a mellorar o benestar físico, emocional e social dos estudantes.
  • ODS 4 - Educación de calidade: o enfoque pedagóxico do REA asegura que os alumnos teñan acceso a unha formación científica rigorosa sobre a reprodución, promovendo a aprendizaxe crítica e a desmitificación de falsas crenzas.
  • ODS 5 - Igualdade de xénero: ao abordar temas como os cambios físicos, sociais e emocionais, e ao dar visibilidade á menstruación e á saúde sexual desde unha perspectiva igualitaria, este material axuda a combater estereotipos de xénero e a promover a equidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 4. A Función de reprodución, que corresponde á programación modelo de 6º de Primaria proposta para a área de Ciencias Naturais na aplicación PROENS da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.2: Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • C1.3: Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • C1.4: Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • C1.5: Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • C1.6: Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • C1.7: Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos).
  • C1.8: Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais).
Bloque 1
  • C2.5: A función da reprodución. O aparello reprodutor e os órganos que interveñen.
  • C2.6: Os cambios físicos, emocionais e sociais que supón a puberdade e a adolescencia para aceptalos de forma positiva tanto nun mesmo como nos demais. Educación afectivo-sexual.
  • C2.8: Principais enfermidades que afectan os aparellos e sistemas do organismo humano. Enfermidades relacionadas co proceso da alimentación e a aceptación do propio corpo. Pautas para a súa prevención.
Bloque 2
  • C4.1: Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:
    • C4.1.1: Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
    • C4.1.2: Estratexias de procura de información na Internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).
    • C4.1.3: Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.
    • C4.1.5: Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola Internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.
    • C4.1.6: Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.
    • C4.1.7: Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados etc.) e estratexias de actuación.
  • C4.2: Proxectos de deseño e pensamento computacional:
    • C4.2.2: Fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).
    • C4.2.3: Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.
    • C4.2.4: Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e do dos demais como oportunidade de aprendizaxe.
Bloque 4

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos

Descrición

OBX 1

Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBX 2

Coñecer e tomar conciencia do propio corpo, así como das emocións e sentimentos propios e alleos, aplicando o coñecemento científico, para desenvolver hábitos saudables e para conseguir o benestar físico, emocional e social. 

OBX 5

Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBX 6

Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en Comunicación Lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3 e CCL5

Competencia Plurilingüe (CP)

-

Competencia Matemática e competencia en Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría (STEM)

STEM2, STEM3, STEM4 e STEM5

Competencia Dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4 e CD5

Competencia Persoal, Social e de Aprender a Aprender (CPSAA)

CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4  e CPSAA5

Competencia Cidadá (CC)

CC3 e CC4

Competencia Emprendedora (CE)

CE1 e CE3

Competencia en Conciencia e Expresións Culturais (CCEC)

CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)