Saltar navegación

1. Descrición xeral

Que non che conten contos

Que non che conten contos! é un REA (Recurso Educativo Aberto) para a área de Ciencias Naturais que ten como finalidade traballar a función de reprodución. Partirá da imaxe que temos dos demais e da nosa propia, desmontaremos mitos sobre a educación sexual, traballaremos a anatomía e a fisioloxía destes aparellos, e remataremos con indicacións e consellos para coidar a saúde sexual.

Esta situación de aprendizaxe correspóndese coa unidade didáctica 4 da programación modelo de PROENS.

Grazas a esta situación de aprendizaxe o alumnado aprenderá a coñecer máis sobre a función de reprodución. Dende os órganos que forman cada aparello ata os coidados propios e as enfermidades máis comúns, pasando polas fases da xestación (fecundación, embarazo e parto) e tamén que é o período ou menstruación.

Afondarán no coñecemento do seu propio corpo, dos aparellos e órganos reprodutores e das súas funcións. Buscarán información dos mesmos e realizarán diferentes tarefas de cada un deles para explicalos como parte do reto final.

En resumo, ao final deste REA, realizarán un reto no que afrontarán o traballo do aparello reprodutor dende unha perspectiva teórica e tamén manipulativa, pois aplicarán os coñecementos aprendidos para crear diferentes materiais, desde maquetas ou folletos ata un conto enrolable.

O REA "Que non che conten contos!" ten como metas de aprendizaxe:

  1. Coñecer os órganos e aparellos reprodutores feminino e masculino.
  2. Profundar no coñecemento da menstruación, as súas fases, como afecta ao corpo das mulleres e aplicacións para levar un control da mesma.
  3. Descubrir máis sobre a xestación e as súas fases: fecundación, embarazo e parto.
  4. Afondar nos cambios propios desta idade, tanto físicos, como sociais e emocionais, ademais de coidados e enfermidades propias relacionadas con estes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)