Criterios de avaliación e mínimos de consecución
A continuación móstrase a distribución de criterios de avaliación, mínimos de consecución, tipos de instrumentos e o seu peso (%) para cada unha das unidades que se corresponden coa proposta de PROENS e que se traballan nesta situación de aprendizaxe.
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (PROENS) |
% (Orientación de PROENS) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1: Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. |
Formular preguntas e realizar predicións razoadas a través da observación. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
5% |
|
CA1.2: Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico, utilizándose en investigacións relacionadas co medio natural. |
Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
5% |
|
CA1.3: Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura, rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. |
Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
5% |
|
CA1.4: Analizar a información e os resultados obtidos, comunicando as conclusións das investigacións utilizando unha linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. |
Analizar e comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos, utilizando unha linguaxe apropiada. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
10% |
|
CA2.1: Coñecer a morfoloxía externa e interna do corpo, identificando os aparellos e órganos implicados na realización das funcións vitais. |
Coñecer a morfoloxía xeral do corpo identificando os aparellos implicados na realización das funcións vitais. |
PE (non incluída no REA) |
Unidade 4: A función de reprodución |
30% |
|
CA2.2: Adoptar hábitos de vida saudables valorando a importancia dunha alimentación variada, equilibrada e sustentable, o exercicio físico, o contacto coa natureza, o descanso, a hixiene e a prevención de accidentes e enfermidades. |
Adoptar hábitos de vida saudables para previr accidentes e enfermidades: alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso axeitado. |
PE (non incluída no REA) |
Unidade 4: A función de reprodución |
30% |
|
CA4.1: Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. |
Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a busca de información e creación de contidos dixitais sinxelos. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
5% |
|
CA4.3: Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de pensamento de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos. |
Deseñar posibles solucións a través de proxectos sinxelos e básicos de pensamento computacional. |
TI |
Unidade 4: A función de reprodución |
10% |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||