Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 12 sesións, tendo en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal que o alumnado coñeza os cambios físicos que sofre o seu corpo coa entrada na adolescencia, as características do aparato reprodutor feminino e masculino, ademais do seu coidado para previr enfermidades. Dedicará un tempo a adquisición de contidos e realización de actividades, tanto no caderno como interactivas, e outro de posta en práctica deses contidos, creando maquetas e divulgando as conclusións do traballo realizado. Deste xeito, as metodoloxías activas guiarán o proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado neste REA.
|
Fase
|
Seccións
|
Descrición do traballo a desenvolver
|
Temporalización
|
|
FASE 1: Un neno de madeira
|
1.1. Historia de Pinocho.
1.2. Un reto... de verdade.
1.3. Obxectivos e metas.
1.4. Diario de aprendizaxe.
|
- Presentación da situación de aprendizaxe
- Comprender o reto, os obxectivos e as metas a alcanzar co mesmo.
- Entender os pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe.
- Explicación do diario de aprendizaxe e chamada para cubrir a fase 1 do mesmo.
- Formación de equipos nivelados e realización de actividade cooperativa.
|
Sesión 1
Aula ordinaria
|
|
FASE 2: E a ti, que che contaron?
|
2.1. Desmontando mitos.
2.2. Actividades multinivel.
2.3. Diario de aprendizaxe.
|
- Actividades e xogos de coñecementos previos relacionadas co corpo humano e o seu funcionamento.
- Actividades multinivel de coñecementos previos.
- Chamada para cubrir a fase 2 do diario de aprendizaxe.
|
Sesión 1
Aula ordinaria
|
|
FASE 3: Coñécete
|
3.1. Aparello reprodutor.
3.2. Células reprodutoras.
3.3. Cambios físicos, emocionais e sociais.
3.4. Diario de aprendizaxe.
|
- Actividades centradas no coñecemento do corpo humano, na función de reprodución.
- A través duns "boletíns informativos", afondar no coñecemento sobre os aparellos reprodutores feminino e masculino, realizando actividades interactivas.
- Coa axuda de vídeos, achegarse aos contidos sobre o ciclo menstrual, fecundación embarazo e parto, para resolver actividades interactivas.
- A través de audios, descubrir os cambios físicos, emocionais e sociais, completando este traballo coa elaboración dun folleto informativo.
- Aplicar as aprendizaxes adquiridas elaborando diferentes desafíos, como a elaboración de maquetas en feltro, elaboración dun lapbook e divulgación en folleto informativo. Así como a construción dun conto enrolable.
- Reflexionar sobre todo o aprendido a través do diario de aprendizaxe, favorecendo así a metacognición.
|
Sesións
2-3-4
5-6-7
8-9-10
|
|
FASE 4: Reto
|
4.1. Montaxe.
4.2. Elaboración do discurso.
4.3. Valoración do reto.
4.4. Diario de aprendizaxe.
|
- Esta fase está centrada na elaboración do reto, creando así unha situación de aprendizaxe na que se pon en práctica todo o traballado anteriormente.
- Facer a montaxe cos recursos creados, elaborar un discurso e valorar os retos realizados.
- Chamada a cubrir esta fase do seu diario de aprendizaxe.
|
Sesión
11
|
|
FASE 5: Contando contos
|
5.1. Actividade individual.
5.2. Exposición.
5.3. Diario de aprendizaxe.
|
- Actividade de avaliación individual a través dun mapa conceptual.
- Exposición dos retos e actividades de coavaliación dos mesmos, con reflexión grupal sobre os contidos.
- Entrada e reflexión no diario de aprendizaxe.
|
Sesión
12
Conclusións
|