Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundamentase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na Etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Este REA contribúe a uns dos obxectivos principais da área: aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos da práctica motriz, recoñecendo diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

A situación de aprendizaxe está conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 3 - Saúde e benestar: a análise do funcionamento do corpo, así como dos hábitos saudables que debemos integrar no noso día a día favorecen a nosa saúde e benestar.

ODS 4 - Educación de calidade: busca garantir unha aprendizaxe inclusiva e significativa, promovendo competencias científicas e tecnolóxicas que fortalecen o coñecemento práctico e teórico.

ODS 9 - Industria, innovación e infraestruturas: inclúe aspectos como o deseño e organización dunha feira teórico-práctica sobre hábitos saudables, fomentando a innovación e as habilidades tecnolóxicas.

ODS 17 - Alianzas para acadar os obxectivos: o uso de recursos educativos abertos fomenta a colaboración entre educadores e comunidades para un ensino mellor e accesible.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 1: "Presentámonos", e coa número 3: "Coñezo o meu corpo", que se corresponden coas da programación modelo de 1º de ESO proposta para a área de Educación Física na aplicación PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • Saúde física

- Taxa mínima de actividade física diaria e semanal, adaptando a intensidade da tarefa ás características persoais.

- Alimentación saudable.

- Coidado do corpo: quecemento xeral e específico autónomo.

- Pautas para tratar a dor muscular de orixe retardada.

- A hixiene como elemento imprescindible na práctica da actividade física e deportiva.

  • Saúde social

- Efectos sobre a saúde de malos hábitos vinculados a comportamentos sociais.

  • Saúde mental

- Aceptación de limitacións e posibilidades de mellora ante as situacións motrices.

- A actividade física como fonte de gozo, liberación de tensións, cohesión social e superación persoal.

Bloque 1

  • Prevención de accidentes nas prácticas motrices: calzado deportivo e ergonomía.
  • Medidas de seguridade en actividades físicas dentro e fóra do centro escolar.

Bloque 2

  • Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas.

Bloque 3

  • Xestión emocional: a tensión en situacións motrices, sensacións, indicios e manifestacións.

- Estratexias de autorregulación colectiva do esforzo e a capacidade de superación para afrontar desafíos en situacións motrices.

- Perseveranza e tolerancia á frustración en contextos físico-deportivos.

    Bloque 4

    • Respecto ás normas viarias en desprazamentos activos cotiáns para unha mobilidade segura, saudable e sostible.
    • O uso da bicicleta como medio de transporte habitual.
    • Consumo responsable no ámbito da actividade físico-deportiva.

    Bloque 6

    Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

    Obxectivos Descrición
    OBX1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, seleccionando e incorporando intencionalmente actividades físicas e deportivas nas rutinas diarias, a partir dun análise crítico dos modelos corporais e do rexeitamento das prácticas que careceran de base científica para facer un uso saudable y autónomo do seu tempo libre e así mellorar a calidade de vida.
    OBX2 Adaptar, con progresiva autonomía na súa execución, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución axeitadas á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións con dificultade variable, para resolver situacións de carácter motor vinculadas con distintas actividades físicas funcionais, deportivas, expresivas e recreativas e para consolidar actitudes de superación, crecemento e resiliencia ao enfrontarse a desafíos físicos.
    OBX3 Compartir espazos de práctica físico-deportiva con independencia das diferencias culturais, sociais, de xénero e de habilidade, fomentando o respecto entre os participantes e as regras sobre os resultados, adoptando unha actitude crítica ante comportamentos antideportivos ou contrarios á convivencia e desenvolvendo procesos de autorregulación emocional que canalicen o fracaso e o éxito nestas situacións, para contribuír con progresiva autonomía ao entendemento social e ao compromiso ético nos diferentes espazos nos que se participa.
    OBX4 Practicar, analizar e valorar distintas manifestacións da cultura motriz aproveitando as posibilidades e recursos expresivos que ofrecen o corpo e o movemento, profundando nas consecuencias do deporte como fenómeno social e analizando criticamente as súas manifestacións desde a perspectiva de xénero e desde os intereses económico-políticos que o rodean, para alcanzar unha visión máis realista, contextualizada e xusta da motricidade no marco das sociedades actuais.
    OBX5 Adoptar un estilo de vida sostible e ecosocialmente responsable aplicando medidas de seguridade individuais e colectivas na práctica física deportiva segundo o entorno e desenvolvendo colaboradora e cooperativamente accións de servizo á comunidade vinculadas á actividade física e ao deporte, para contribuír activamente á conservación do medio natural e urbano.

    A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

    Competencias clave Clave dos descritores operativos
    CCL CCL3 e CCL5
    CP CP3
    STEM STEM2 e STEM5
    CD CD4
    CPSAA CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5
    CC CC2, CC3 e CC4
    CE CE1, CE2 e CE3
    CCEC CECC1, CCEC2, CCEC3 e CCEC4

    Creado con eXeLearning (Ventana nueva)