Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio en cada unidade didáctica, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
Tede en conta que esta situación de aprendizaxe está composta por 2 unidades didácticas, polo que a suma do valor de cada un dos criterios será un 200%.
Cada docente deberá concretar e individualizar a porcentaxe dos criterios de avaliación en relación á proposta didáctica que vai facer. O valor total non poderá superar o 100%.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.2.1. Comezar a incorporar con progresiva autonomía procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. | Comezar a incorporar procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. | TI | 1 | 30% |
| 2 | 35% | |||
| CA1.3. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións antes da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | TI | 1 | 20% |
| 2 | 25% | |||
| CA1.4. Recoñecer e valorar a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos sociais teñen na nosa saúde e na convivencia, valorando o seu impacto e evitando activamente a súa reprodución. | Recoñecer a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos sociais teñen na nosa saúde, evitando activamente a súa reprodución. | TI | 2 | 10% |
| CA2.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións durante a práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | TI | 2 | 10% |
| CA2.2. Actuar de acordo cos protocolos de intervención ante accidentes derivados da práctica de actividade física aplicando medidas básicas de primeiros auxilios. | Actuar de acordo cos protocolos de intervención ante accidentes derivados da práctica de actividade físicas | TI | 1 | 20% |
| CA2.5. Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais e colectivas na práctica de actividades motrices. | Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais na práctica de actividades motrices. | TI | 1 | 20% |
| CA6.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente | Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | TI | 2 | 10% |
| CA6.2. Recoñecer e valorar a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos incívicos teñen na nosa saúde e na convivencia, valorando o seu impacto na contorna e evitando activamente a súa reprodución. | Recoñecer a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos incívicos teñen na nosa saúde valorando o seu impacto na contorna e evitando activamente a súa reprodución. | TI | 1 | 10% |
| 2 | 10% | |||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||