Saltar navegación

1. Descrición xeral

Personals trainers

"ExpoMoving" é un REA (Recurso Educativo Aberto) coa fin de concienciar ao alumnado, e tamén ao entorno próximo do mesmo, da importancia de levar unha vida activa e saudable. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que traballar en grupo para crear unha xornada saudable coas súas familias. Entre todos os grupos prepararán actividades ou tarefas nas que se traballen as capacidades físicas básicas e os hábitos saudables, sendo pensadas para realizar polos seus familiares.

Durante o proceso de resolución do reto que se propón no REA, o  alumnado aprenderá a dar valor ás accións que fan día tras día e que lle serven para coidar a saúde. Aprenderan cousas que poden facer para ter unha mellor condición física e uns bos hábitos saudables. Faremos unha aproximación ás condicións físicas básicas, como son a flexibilidade, a forza, a velocidade e a resistencia.

O REA "ExpoMoving" ten como obxectivos principais:

1. Identificar alimentos naturais e saudables, diferenciándoos dos procesados e ultraprocesados, para promover unha alimentación saudable.

2. Coñecer e realizar probas ou test de valoración da condición física saudable, relacionándoas coas diferentes capacidades físicas.

3. Deseñar e poñer en práctica actividades para o desenvolvemento das diferentes capacidades físicas relacionadas coa saúde, tendo en conta as características doutras persoas.

4. Aprender a colaborar para crear e promocionar iniciativas que promovan un estilo de vida saudable.

5. Recoñecer a importancia de manterse activo fisicamente e reflexionar sobre como mellorar os propios hábitos diarios.

6. Adquirir hábitos de vida saudables, promovendo a práctica dunha actividade física regular, e convertelos en algo perdurable ao longo de toda a vida.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)