Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA está dentro do  marco pedagóxico do proxecto cREAgal do que forma parte este recurso. Podes ter mais información na páxina de información xeral do proxecto.

Desde o punto de vista metodolóxico, este REA é fundamentalmente activo e participativo, favorecendo o traballo individual e cooperativo do alumnado na aula para resolver as situacións que se lle propoñen. As situacións propostas buscan estar contextualizadas na vida diaria do alumnado e parten dos coñecementos previos adquiridos con anterioridade.

Para iso intégranse referencias á vida cotiá e á contorna do alumnado co fin de motivalo e facelo sentir parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe, é dicir, buscar un enfoque que sexa:

  • Personalizado: buscamos a relación cos coñecementos previos do alumnado e propoñemos actividade multinivel.
  • Significativo: o alumnado constrúe os seus propios coñecementos, é dicir, aprende ao tempo que aprende a aprender, interioriza as diferentes experiencias e estratexias que lle fan afondar e desenvolver os seus coñecementos.
  • Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais e con conexión co seu mundo real.

Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Educación Física, cun carácter esencialmente práctico e cun enfoque competencial do currículo. A metodoloxía empregada será:

  • Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
  • Activa: fomentando alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
  • Participativa: potenciando a cooperación-colaboración.
  • Integradora: facilitando poder sentirse capaces coas súas propias respostas motrices e coas súas diferenzas,
    mellorando a autoestima.
  • Contextualizada: o alumnado debe comprender o que está a facer, cales son os obxectivos e os pasos.
  • Lúdica: o xogo, elemento fundamental.
  • Creativa: propoñendo a procura de solucións aos problemas que vaian aparecendo ao longo da aprendizaxe.
  • Progresiva: que expoña ao alumnado a novos retos e momentos de aprendizaxe cada vez máis complexos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)