Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 24 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Seccións Para que? Temporalización
Fase 1 Presentación Sesión 1
Fase 2 Coñecementos previos Sesión 1
Fase 3 Acrosport e elementos ximnásticos Sesións 2-6
Fase 3 Bailes improvisados Sesións 7-11
Fase 3 Xogos tradicionais Sesións 12-14
Fase 4 Mostrando o voso talento: deseño/difusión Sesións 15-16
Fase 4 Practica das habilidades como grupo Sesións 17-20
Fase 4 Simulación do evento Sesión 21
Fase 4 Reaxustes Sesión 22
Fase 4 O evento: Ti si que vales Sesión 23
Fase 5 Conclusión Sesión 24

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)