Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de tres unidades didácticas, polo que a suma total dos criterios de avaliación vai ser de 300%.

Cada docente deberá darlle a cada criterio de avaliación o peso que considere, debendo ser a suma total do peso dos criterios para esta situación de aprendizaxe do 100%.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.2.1. Comezar a incorporar con progresiva autonomía procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. Comezar a incorporar procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. TI 5 10
6 10
7 10
CA1.3. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións antes da actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente TI 6 5
CA1.6. Facer uso con progresiva autonomía das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos e ás actuacións discriminatorias e fronte a calquera tipo de violencia, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. Facer das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. TI 7 5
CA2.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións durante a práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. TI 6 5
CA2.3. Practicar unha gran variedade de actividades motrices valorando as implicacións éticas das actitudes antideportivas, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros. Practicar unha gran variedade de actividades motrices evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros. TI 5 10
CA2.4. Xestionar a preparación e a participación en xogos motores e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia como con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes, evolución e influencia nas sociedades contemporáneas. Xestionar a participación en xogos motores e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia coma con outras,. TI 5 10
7 10
CA2.5. Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais e colectivas na práctica de actividades motrices. Coñecer normas de seguridade individuais e colectivas na práctica de actividades motrices. TI 6 10
CA3.1. Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial, así como os seus riscos para o seu uso no ámbito da actividade física e do deporte. Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial para o seu uso no ámbito da actividade física. TI 6 10
7 10
CA3.2. Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo. Desenvolver proxectos motores de carácter individual ou colaborativo establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo TI 6 15
7 10
CA3.3. Interpretar contextos motrices variados e actuar correctamente aplicando principios básicos de toma de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, adecuándose ás demandas motrices, á actuación da compañeira ou do compañeiro e da persoa opoñente (se a houbese) e á lóxica interna en contextos reais ou simulados de actuación, reflexionando sobre as solucións e os resultados obtidos. Interpretar contextos motrices variados e actuar aplicando principios básicos de toma de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados a partir da lóxica interna en contextos reais. TI 5 10
CA3.4. Mostrar control e dominio corporal ao empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa, facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices transferibles ao seu espazo vivencial con progresiva autonomía. Mostrar control e dominio corporal ao empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices. TI 5 10
6 10
7 10
CA3.5. Colaborar na práctica de diferentes producións motrices para alcanzar o logro individual e grupal, participando na toma de decisións e asumindo distintos roles asignados e responsabilidades. Colaborar na práctica de diferentes producións motrices para alcanzar o logro individual e grupal, participando na toma de decisións. TI 5 10
6 15
7 10
CA4.1. Practicar unha gran variedade de actividades motrices controlando as emocións e as sensacións, valorando as implicacións éticas das actitudes antideportivas, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros. Practicar unha gran variedade de actividades motrices controlando as emocións e as sensacións, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir diferentes roles. TI 5 10
CA4.2. Facer uso con progresiva autonomía das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos e ás actuacións discriminatorias e fronte a calquera tipo de violencia, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. Facer uso das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. TI 5 10
6 10
CA4.3. Analizar obxectivamente as diferentes actividades e modalidades deportivas segundo as súas características e requirimentos, evitando os posibles estereotipos de xénero ou capacidade ou os comportamentos sexistas vinculados ás devanditas manifestacións. Analizar as diferentes actividades segundo as súas características e requirimentos, evitando os posibles estereotipos de xénero ou capacidade ou os comportamentos sexistas vinculados ás mesmas. TI 6 10
7 5
CA5.1. Participar en xogos motores, deportes e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia como con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes, evolución e influencia nas sociedades contemporáneas. Participar en xogos motores vinculadas tanto coa cultura propia coma con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes TI 5 10
7 10
CA5.2. Participar en xogos motores, deportes e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia como con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes, evolución e influencia nas sociedades contemporáneas. Utilizar intencionadamente o corpo como ferramenta de expresión e comunicación a través de diversas técnicas expresivas, participando activamente na representación de composicións individuais. TI 7 20
CA6.3. Participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais, terrestres ou acuáticos, gozando de maneira sostible, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir e sendo conscientes da súa pegada ecolóxica. Participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais, terrestres, gozando de maneira sostible, e minimizando o impacto ambiental e sendo conscientes da súa pegada ecolóxica. TI 5 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.2.1. Comezar a incorporar con progresiva autonomía procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable.

Fase 3:

  • 3.2. Acrosport
  • 3.3. Bailes improvisados
  • 3.4. Xogos tradicionais
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA1.3. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.2. Acrosport
  • 3.3. Bailes improvisados
  • 3.4. Xogos tradicionais
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA1.6. Facer uso con progresiva autonomía das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos e ás actuacións discriminatorias e fronte a calquera tipo de violencia, facendo respectar o propio corpo e o dos demais.

Fase 4: Mostrando o voso talento

  • 4.1. Deseñando
  • 4.2. Academia de ensaio

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA2.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.2. Acrosport
  • 3.3. Bailes improvisados
  • 3.4. Xogos tradicionais
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA2.3. Practicar unha gran variedade de actividades motrices valorando as implicacións éticas das actitudes antideportivas, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA2.4. Xestionar a preparación e a participación en xogos motores e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia como con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes, evolución e influencia nas sociedades contemporáneas.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.3. Danzas improvisadas
  • 3.4. Xogos tradicionais
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA2.5. Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais e colectivas na práctica de actividades motrices.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.2. Acrosport
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA3.1. Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial, así como os seus riscos para o seu uso no ámbito da actividade física e do deporte.

Fase 4: Mostrando o voso talento

  • 4.1. Deseñando

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA3.2. Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo. Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA3.3. Interpretar contextos motrices variados e actuar correctamente aplicando principios básicos de toma de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, adecuándose ás demandas motrices, á actuación da compañeira ou do compañeiro e da persoa opoñente (se a houbese) e á lóxica interna en contextos reais ou simulados de actuación, reflexionando sobre as solucións e os resultados obtidos.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA3.4. Mostrar control e dominio corporal ao empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa, facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices transferibles ao seu espazo vivencial con progresiva autonomía.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA3.5. Colaborar na práctica de diferentes producións motrices para alcanzar o logro individual e grupal, participando na toma de decisións e asumindo distintos roles asignados e responsabilidades. Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA4.1. Practicar unha gran variedade de actividades motrices controlando as emocións e as sensacións, valorando as implicacións éticas das actitudes antideportivas, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA4.2. Facer uso con progresiva autonomía das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos e ás actuacións discriminatorias e fronte a calquera tipo de violencia, facendo respectar o propio corpo e o dos demais.

Fase 4: Mostrando o voso talento

  • 4.2. Academia de ensaio
Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado
CA4.3. Analizar obxectivamente as diferentes actividades e modalidades deportivas segundo as súas características e requirimentos, evitando os posibles estereotipos de xénero ou capacidade ou os comportamentos sexistas vinculados ás devanditas manifestacións.

Fase 2: O cásting

Fase 3: Descubrindo o voso talento

Feedback actividades interactivas

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

CA5.1. Participar en xogos motores, deportes e outras manifestacións artístico-expresivas vinculadas tanto coa cultura propia como con outras, favorecendo a súa conservación e valorando as súas orixes, evolución e influencia nas sociedades contemporáneas.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

3.3. Danzas improvisadas

3.4. Xogos tradicionais

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

CA5.2. Utilizar intencionadamente e con progresiva autonomía o corpo como ferramenta de expresión e comunicación a través de diversas técnicas expresivas, participando activamente na creación e representación de composicións individuais ou colectivas con e sen base musical.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.2. Acrosport
  • 3.3. Danzas improvisadas

Fase 4: Mostrando o voso talento

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Lista de cotexo para a simulación do evento

CA6.3. Participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais, terrestres ou acuáticos, gozando de maneira sostible, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir e sendo conscientes da súa pegada ecolóxica.

Fase 3: Descubrindo o voso talento

  • 3.3. Xogos tradicionais

Rúbrica de avaliación do reto por parte do profesorado

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)