Saltar navegación

3. Guía de uso

Acariciando palabras

O REA “Acariciando palabras” ten como finalidade a realización dunha instalación artística na que as palabras son o elemento vertebrador de toda a situación da aprendizaxe. O alumnado recollerá unha colección de palabras cargada dun significado emocional que redunde no benestar do grupo. Traballando en equipo realizarase primeiro un bosquexo e seleccionará as verdadeiras protagonistas da instalación: as palabras. Finalmente serán expostas dando valor ao seu traballo e procurando ademais concienciar ao seu entorno sobre o valor emocional das mesmas.

As diferentes fases do REA están deseñadas partindo das características do DUA, preséntase a información e as tarefas en diferentes modalidades, formatos e niveis, facilitando así o acceso a todas as realidades do alumnado.

Pretendemos que o alumnado aborde o tema da comunicación e os seus elementos dende a perspectiva das relacións persoais. A través de dinámicas de grupo e actividades, en equipo e individuais, que favorezan unha comunicación baseada no respecto, o alumnado reflexionará sobre a importancia de establecer relacións persoais sans e enriquecedoras. Todo isto sen esquecer todos aqueles elementos gramaticais e ortográficos que xiran arredor da palabra.

Dado que é a primeira unidade do curso, consideramos é o momento idóneo para que o profesorado aproveite este recurso na aula para afianzar conceptos, ideas e relacións emocionais saudables claves para o futuro desenvolvemento da clase ao longo do curso. Un enfoque diferente que combina a acción titorial, as dinámicas de grupo, a educación en valores e socioemocional de xeito transversal coa área de Lingua Castelá e Literatura.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)