Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para ser levada a cabo en 16 sesións. Tal e como se recolle na programación didáctica de referencia publicada no aplicativo PROENS para a área de Lingua Castelá e Literatura, esta unidade é a primeira de 6º de Educación Primaria, polo que se ubica dentro do primeiro trimestre deste curso.

Na seguinte táboa inclúese unha relación das diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado

co número de sesións recomendadas para cada unha delas, así como unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes sesións de cada fase. 

É importante lembrar que esta temporalización pode e debe flexibilizarse en función das necesidades e características do grupo ao que vaia dirixido.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. La importancia de las palabras 

1.1. ¿Qué vas a aprender aquí?

1.2. Nos organizamos

1.3. Diario de aprendizaje

Nesta primeira fase preséntase o reto, buscando captar a atención do alumnado sobre o eixo da unidade: as palabras. O obxectivo é iniciar unha reflexión sobre a importancia das palabras nas nosas emocións e na relación coas persoas, clave fundamental para promover un cambio e mellorar a nosa contorna social máis próxima.

Nunha primeira tarefa comezarán a xogar coas palabras coñecendo un dos códigos comunicativos máis presentes na vida cotiá, o braille.

1

2. La comunicación y sus elementos

2.1. ¿Qué es la comunicación?

2.2. Códigos, ¡qué historia!

2.3. Diario de aprendizaje

O alumnado comezará coa activación dos coñecementos previos sobre aspectos relacionados cos elementos da comunicación.

A partir desta activación reflexionarase sobre a existencia de distintas linguas que dan sentido de comunidade, unión e por suposto relación entre membros, facendo fincapé na importancia de poñelas en valor e respectar esta diversidade, máis alá do estricto valor comunicativo das mesmas.

2

3. Más que palabras

3.1. Tildando

3.2. ¡Atrapa palabras!

3.3. Pictografía tus palabras

3.4. Palabras poderosas

3.5. Diario de aprendizaje

Durante esta fase, o alumnado traballará os contidos gramaticais e ortográficos sinalados na programación de PROENS (acentuación, palabras simples e compostas, separación en sílabas, o uso da maiúscula, a puntuación...). Acompañando cada contido teórico sitúanse diferentes actividades interactivas e tamén cooperativas, que permitirán xogar coas palabras e afondar nun coñecemento máis profundo das mesmas.

Deseguido, coñecerán códigos visuais presentes no día a día, tales como os pictogramas. Xogarán cos mesmos e crearán un xogo que mestura o valor emocional das palabras coa súa representación a través da imaxe.

5

4. Lluvia de caricias

4.1. Emociones en juego

4.2. Lluvia de caricias

4.3. Diario de aprendizaje

Nesta fase o alumnado comezará a traballar no reto, pero antes completarán os seus coñecementos sobre emocións, a importancia da comunicación e o valor das palabras. A reflexión a través de diversas asembleas e actividades sobre aspectos como a empatía, a resolución de conflitos e as caricias emocionais positivas redundarán nunha maior cohesión do grupo-clase e na mellora das súas relacións e comunicación.

Estes aspectos serán a base de traballo en equipo necesario para o reto, e suporán a principal materia prima, as palabras, da instalación artística que deben crear.

7

5. Evaluación 

5.1. Nos valoramos

5.2. Me valoro

5.3. Diario de aprendizaje

Unha vez expostas e presentadas as diferentes instalacións, conclúe o reto. A partir deste momento, o alumnado reflexionará sobre todo o aprendido durante esta unidade, valorará o traballo realizado nos diferentes equipos a través dunha actividade de coavaliación, e completarán esta reflexión facendo unha autoavaliación da súa participación e implicación no traballo desta unidade.

Para finalizar, poderán achegar propostas de mellora no último diario de aprendizaxe.

1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)