Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación da materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria respectan a programación modelo de Proens para esta materia, cuns pequenos cambios que non afectan aos elementos principais da mesma. O obxectivo dos cambios propostos é que a UD 7 recolla o tema do debate e a UD 8 o da entrevista e non aparezan mesturados nestas dúas unidades. Facilítase así a organización dos contidos de lingua no referido a tipos de textos (argumentativos e expositivos de tipo periodístico respectivamente) e expresión e comprensión oral.

Cada REA se corresponde cunha unidade didáctica, afectando estes cambios aos mínimos de consecución das unidades 7 e 8 de Proens.

Cambios na UD 7:

Criterios de avaliación da UD7 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas, escoitando as intervencións dos demáis.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Cambios na UD 8:

Criterios de avaliación da UD8 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel.

Escoita as opinións dos demais no debate, argumentando a súa propia en función daquelas.

Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía.

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Nas entrevistas demostra respecto polas persoas entrevistadas, facendo as preguntas con cortesía e escoitando as respostas con atención.

CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante.

Redacta en procesador de textos resumo de debate, no que expresa as opinións enfrontadas e a conclusión final.

Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas.

Estes cambios afectarían tamén a descrición inicial proposta en Proens para cada unha destas unidades (7 e 8):

  Descrición en Proens Cambio

UD7

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Xogo de roles e asimilación da postura contraria. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

UD8

O debate: xogo de roles e asimilación da postura contraria. A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

Este REA01 "Acariciando palabras" é un REA para o 1º trimestre, que traballa os contidos da UD1 de Proens, deseñado para desenvolver en 16 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: Acariciando palabras

UD1: Por fin somos os maiores!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10%

1ºT- 16 sesións

REA02: Activa modo diversiÓN

UD2: Escrito queda mellor

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10%

1º T- 16 sesións

REA03: Abriendo puertas

UD3: Aprendo e me emociono coa palabra

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8,  CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10%

1º T- 16 sesións

REA04: ¡Asómbrate!

UD4: Contos e novelas

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA05: Poemas en el tejado

UD5: A linguaxe poética

CA2.3, CA3.4, CA4.5. CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA06: cREAndo criaturas

UD6: Quen me coñece mellor?

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

11%

2º T- 16 sesións

REA07: Pero ¡qué animal!

UD7: Vivimos en democracia

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA08: De boca cerrada, no salen preguntas

UD8: Comprendo a túa opinión

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA09: ¡No te lo vas a creer!

UD9: A comunicación no mundo dixital

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10,  CA4.4, CA6.6

13%

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica céntrase no coñecemento das palabras e na importancia das linguas para conectar comunidades. O alumnado terá que ir acadando diferentes aprendizaxes e habilidades comunicativas seguindo unha ruta marcada que culminará coa creación dunha instalación artística significativa para o grupo clase. Este percorrido pola situación de aprendizaxe irá encamiñado á consecución das competencias clave por parte do alumnado.

Análise de situacións comunicativas, no que o alumnado terá que:

  • Identificar os elementos da comunicación en situacións cotiás.
  • Valorar e potenciar os aspectos que melloran a comunicación.
  • Coñecer diferentes códigos e reflexionar sobre a necesidade de utilizar o código que mellor se adecúe a cada situación, tendo en conta factores ambientais, distintas capacidades das persoas, etc.

Produción de textos orais, como a dramatización, no que o alumnado terá que:

  • Transmitir a mensaxe a través da linguaxe oral e xestual.
  • Practicar a entoación, dicción e fluidez.
  • Traballar en equipo, chegando a acordos e respectando os roles.

Comprensión de textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Extraer información relevante.
  • Destacar as palabras clave.
  • Resumir a información.

Produción de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Organizar instrucións de xeito eficaz.
  • Utilizar os signos de puntuación necesarios.
  • Escribir con corrección ortográfica, utilizando correctamente o acento agudo e as maiúsculas.

Comprensión de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Seguir as instrucións dun xogo.
  • Traballar de xeito autónomo cando as actividades o requiran seguindo as instrucións dos enunciados.

Participación activa nas titorías (asembleas) no que o alumnado poderá:

  • Practicar a escoita activa.
  • Participar libremente con intervencións axeitadas, nun entorno seguro.
  • Respectar a quenda de intervencións.
  • Respectar as intervencións dos demais sen emitir xuízos.

Contribución á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS):

  • ODS 10, redución das desigualdades. O fío condutor deste REA contribúe á cohesión do grupo a través de distintas actividades que buscan empoderar a cada persoa, permitíndolle participar activamente sen temor a sufrir discriminación dentro do grupo clase. Trátase de crear rede, un tapiz de igualdade no que as diferenzas de xénero, orientación sexual, discapacidade, procedencia, orixe, cultura ou relixión sexan aceptadas e respectadas.
  • ODS 16, promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. Aprender a importancia de que haxa leis xustas para toda a sociedade e o dereito a ser tratados xustamente nos tribunais (é dicir, sen discriminación por razón de xénero, orientación sexual, discapacidade, procedencia, orixe, cultura ou relixión). Neste REA, a través do xogo, temos a oportunidade de experimentar que cando xogamos e respectamos as regras, o xogo é divertido e xusto para todas as persoas.

Tamén ten importancia neste REA a creación dun espazo seguro, no que sentirnos protexidos e poder expresarnos con confianza.

O dereito á información, que debe ser accesible para todas as persoas a través do uso das diferentes linguas e códigos que faciliten a comunicación.

En resumo: participando activamente e aprendendo a cooperar e colaborar para resolver problemas; aceptando a diversidade, valorando as habilidades e talentos de cada persoa; respectando as normas e practicando a escoita activa, este REA contribúe á formación dunha cidadanía máis xusta.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, "Acariciando palabras", realizouse a partir da programación modelo de PROENS para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria, máis concretamente a partir da Unidade Didáctica 1: "Por fin somos os maiores!". Trátase da primeira unidade deste curso e referénciase nos seguintes bloques:

  • O bloque 1. A lingua e os seus falantes. Procura, a través dos criterios de avaliación e contidos deseñados, familiarizar ao alumnado coa diversidade cultural e lingüística da súa contorna, favorecendo a reflexión interlingüística, a identificación e o recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos e a valoración da diversidade cultural. O uso dunha linguaxe, verbal e non verbal, non discriminatoria, respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero constitúe outro dos núcleos importantes de aprendizaxe.
  • O bloque 2. Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación axeitadas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
  • O bloque 3. A Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais suporá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitiranlle ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
  • O bloque 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas a produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitarlle e permitirlle ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para acadar unha competencia comunicativa integrada.
Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Biografía lingüística persoal e mapa lingüístico da contorna xeográfica e cultural.
  • C1.4 - A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.
Bloque 1 
  • C2.1 – Contexto.
  • C2.1.1 - Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación oral.
  •  C2.2 - Xéneros discursivos.
  • C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • C2.3 - Procesos: interacción oral.
  • C2.3.1 - Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas.
  • C2.3.2 - Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias de cortesía lingüística.
  • C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • C2.4 - Procesos: comprensión oral.
  • C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
  • C2.4.4 - Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
Bloque 2
  • C3.2 - Xéneros discursivos.
  • C3.2.5 - Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.
  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora.
  • C3.3.1 - Lectura compartida e expresiva con entoación e ritmo fluídos.
  • C3.3.4 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de recursos lingüísticos diversos, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión de textos.
  • C3.3.5 - Valoración da lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
  • C3.4 - Procesos: produción escrita.
  • C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada con intención comunicativa e creatividade.
  • C3.4.2 - Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais complexos, con distintos propósitos comunicativos.
  • C3.4.3 - Aplicación das normas ortográficas e cohesión do texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.
Bloque 3
  • C6.6 - Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
  • C6.7 - Mecanismos léxicos elementais para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
  • C6.10 - Estratexias de observación e formulación de xeneralizacións sobre a acentuación.
  • C6.11 - Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
Bloque 6

No que respecta aos obxectivos, este recurso céntrase nos seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX 1

Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural. 

OBX 2

Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.

OBX 3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX 4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX 5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBX 9 

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

OBX 10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

Os descritores das competencias clave incluídos nesta unidade son os seguintes:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP2, CP3

Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5

Competencia emprendedora (CE)

CE1

Competencia en conciencia y expresiones culturales (CCEC)

CCEC1, CCEC3

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2, CC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)